18 de nov. de 2013

O FAMOSO ACTOR JOSE SACRISTÁN NO RESTAURANTE DO CAMBADÉS XAN GALBÁN

O MARÍA CASTAÑA FOI O PREFERIDO DE SACRISTÁN PARA XANTAR
Como todos sabedes, alomenos para nos, o María Castaña é o mellor restaurante de
Santiago de Compostela. O María Castaña está a 50 metros da catedral de Santiago de Compostela e a 100 metros da praza de abastos onde mercan os seus produtos todos os dias, é un lugar onde se cociña comida tradicional galega en pleno casco histórico. O sitio é moi acolledor e onde podes tomar un bo polbo e marisco do noso país, é unha cousa moi importante todo persoal é galego falante. Pero Xan aparte de ser socio deste xa mítico restaurante  e o Xefe de Cociña, e o que prepara, cos seus axudantes,  os excelentes pratos que degusta todo o mundo que visita Santiago, e inda por riba na barra esta “Chapi”, outro cambadés de pro que nos aconsella o que imos beber.
Pois estes días co gallo da celebración do Festival Cineeuropa visitou Santiago o actor José Sacristán  quen recoñeceu a aposta de festivais como Cineuropa, que se celebra este mes de novembro en Santiago de Compostela, con "un rigor importante" no seu programación, o cal conta con prezos populares e un gran respaldo de público asistente, fronte "á barbaridade" que supón para o mundo do cine a subida do IVA cultural levada a cabo polo Goberno. 

Sacristán recolle o galardón Cineuropa 2013 de mans da tenente de alcalde de Santiago, Amelia González, nunha xornada na que se proxecta como homenaxe a cinta 'Madrid, 1987', de David Trueba, que protagoniza xunto a María Valverde. 

E claro Sacristán preguntou o seu amigo e director de cine José Luis Losa, onde se xanta ben en Santiago, e resposta é única, o mellor sitio de Santiago para xantar é o María Castaña do cambadés Xan Galbán, dito e feito.

Ningún comentario: