11 de nov. de 2013

OS XEITOSIÑOS GRAVAN PARA A TVG

NO MESMO PROGRAMA ACTUARÁ O CORO DE VILARIÑO “CLAVE DE SOL”.
GRAVAN PARA "XA SOMOS ARTISTAS", UN NOVO PROGRAMA DA TVG. 
Dende este blog témoslle un cariño especial a este cuarteto de música tradicional  que tivemos a inmensa sorte de velos nacer dende o a súa primeira actuación. O grupo “Os
Xeitosiños” naceu no un 23 de xullo de 2009   na casa da avoa de Anxo e Roi e inagotable Pitusa Losada. Anxo o gaiteiro e Roi o gaiteiro e bombeiro,  xuntáronse con Víctor o tamborileiro e Miguel o bombeiro e gaiteiro.Os catro tamén forman parte da Banda de Castrelo coa percusión e solos Anxo e Roi tamén están na Banda Municipal de Ribadumia. Doutra banda Victor e Miguel forman tamén parte do coro Clave de Sol
O seu mentor é o mestre é XAQUÍN XESTEIRA de sobra por todos coñecido. No seu facebook dicían os Xeitosiños:
“ Este venres (polo venres pasado) estivemos moi emocionados... Por primeira vez fomos gravar nun estudio de gravación... Nin mais ,nin menos que no estudio de gravación "CASA DE TOLOS" Onde gravan artistas e grupos moi importantes. A experiencia foi inesquecible e Segundo Grandio unha persoa marabillosa, para os que non o saibades el foi o baixista do famoso grupo
Galego "SINIESTRO TOTAL" . Ídesnos a ver nun programa da galega...Heiche de Cantar queridiña” A maqueta era para un programa de TVG a derradeira hora dixeronos que era para o novo programa "XA SOMOS ARTISTAS".
Hoxe a tarde a TVG estivo  gravando na casa da cultura ao coro de Vilariño “Clave de Sol” tamén para o mesmo programa. Están Miguel e Víctor, co coro . Parte da reportaxe ao coro fixéronlla esta tarde na praza de Fefiñans
 Logo a TVG trasladouse a casa de Pitusa Losada  para facerlle unha reportaxe a “os Xeitosiños.
"A somos artistas" é un novo programa da TVG, e ainda non sabemos data da emisión, cando o teñamos coñecemento publicaremolo.
Por certo onte tivemos a sorte de asistir a XXII Festival de Bandas de Música Populares  que organiza a Banda de Música de Castrelo coa participación das bandas Agrupación Músical de Goián e Banda de Música Popular de Muimenta, ademais da titular da praza a de Castrelo, por certo  na peza Gatelugatxeko Martxa, o “xeitosiño” Anxo Xesteira  amosounos os seus incribles progresos ao acordeón.
http://gaiteiroscambados.blogspot.com.es/




























Fotos cedidas por Maria J. P. 

Ningún comentario: