27 de nov. de 2013

UXIA SENLLE PRESENTA “CORASÓNS”

O SÁBADO EN CULTURGAL
Neste vindeiro mes de decembro publicarase CORASONS, un libro-cd-dvd que reúne fotografías, músicas e un completo traballo audiovisual sobre o proxecto que, baixo a dirección de
Uxía, reúne un feixe de destacados intérpretes galaico-lusófonos. Cunhacoidada edición e
produción, estará dispoñible en toda a Península no catálogo de KALANDRAKA. A súa primera posta en escena será no Culturgal (Pazo da Cultura de Pontevedra): sábado 30 de novembro ás 13:00 horas presentación no Espazo Libro, e concerto ao vivo no Espazo Carpa ás 20:00 horas.
 CoraSons é ademais  unha experiencia artística que xurdiu nas redes sociais inicialmente materializouse nunha exposición de fotografías  de Isabel Leal e nun recital coa participación de varios músicos na Casa das Crechas de Santiago de Compostela. A ese
encontro seguiulle un concerto celebrado na Illa de Arousa ao que se sumaron máis de 40 intérpretes e que se plasmou nun documental gravado por Paco Abelleira. Agora, da man  de KALANDRAKA, o proxecto que dirixe Uxía convértese nun libro-cd-dvd con 19 temas e cunha película de hora e media. Cada imaxe conta unha historia feita canción. A natureza, a vida cotiá, a arquitectura, as sombras, a xeometría ou a imaxinación son os escenarios que se recrean partindo da forma  e da simboloxía do corazón. Mais, lonxe do enfoque romántico, CoraSons trata sobre a afectividade, os sentimentos, as emocións, a amizade, e reivindica latexarmos unidos. Músicas quentes para tempos xélidos, corazón-coraza para tempos incertos. 
? Temática: música, concerto e fotos inspiradas na forma e na simboloxía do corazón. 
? Idade recomendada: para todos os públicos. 
? Aspectos destacables: fotografía, música do ámbito galaico-lusófono. 
? Pezas : Bom-bom - Vermello corazón - Altinho - Quem disse? - Coração manteiga - Pulsando no mundo - Dous sentimentos - Veludo e algodón - Desafinado - O tic-tac do meu coração - Véxovos na consulta - Taller de corazóns - Apartamento - A gotinha d’água -
Coração estaladiço - Suburbano 
coração - A canção minha e tua - No corazón da cereixa - Tum tum tum. 
INTERVINTES: 
ANTÓNIO ZAMBUJO: A voz portuguesa masculina máis internacional do momento. | JOÃO AFONSO: Un dos principais cantautores ibéricos, sobriño de Zeca Afonso. | RUI DAVID: Canta música portuguesa, brasileira e ten actuado no teatro. | MAGÍN BLANCO:
Tres décadas de traxectoria musical como músico e compositor. | INÊS SALSELAS: Nacida en Porto, cantou no grupo Canto Nono. | QUINÉ TELES: Un dos mellores percusionistas da música portuguesa. | BELÉN CID: Cardióloga, experta no complexo mundo dos corazóns. | CARLOS BLANCO: Actor teatral, autor e director. Figura do humor galego. | NAJLA SHAMI: Achegando sonoridades de Portugal, Brasil e África, que mestura coas súas raíces e co
jazz. | SÉRGIO TANNUS: Un dos máis completos artistas da «safra» brasileira. Virtuoso instrumentista. | BRUNO CARDOSO: Emigrante en Mozambique, é experto en música tradicional. | LUANDA COZETTI: Forma o grupo Couple Coffee co baixista Norton Daiello. | NORTON DAIELLO: Unha das metades dos Couple Coffee. Acompañou artistas como Luanda Cozetti e Ivan Lins. | XOÁN CURIEL: Un dos valores actuais da música galega,
premio ao mellor álbum nos V Premios da Música Independente. | ALINE FRAZÃO: Co seu último disco «Movimento», interpreta música tradicional de Angola, Cabo Verde e Brasil. | MANUEL SALSELAS: Músico do Porto que formou parte do grupo Jig. | PABLO VIDAL MENDOZA: Produce a Sapoconcho no seu estudio Aldea Global. | TATÁN CUNHA: Actor de longa traxectoria no mundo dos títeres, cofundador de Tanxarina. | CHUS DOMÍNGUEZ: Formou dúo coa súa irmá Uxía. Participou no libro-cd «Maria Fumaça» adicado ao seu fillo Rui. | ANA SENLLE: Forma
parte do grupo SonDeSeu e de Malvela, directora vocal e co-produtora dos seus discos. | PIERRE ADERNE: Compositor e autor da letra de «Guia» de António Zambujo ou «Mina do Condomínio». | SERGINHO SALLES: Formou parte do grupo Só pra contrariar co que conseguiu premios e nominacións aos Grammy Latinos. | ALFREDO TEIXEIRA: Foi membro do grupo Jig e participou noutros proxectos de música popular portuguesa. | BUDIÑO: Ten publicado seis discos recoñecidos pola crítica e con premios importantes. | ISAAC PALACÍN: Fundador de Berrogüetto e produtor no seu estudio Minhoteira. | PACO ABELLEIRA: Guionista e traballador audiovisual, dirixiu o docu-
mental «CoraSons». | DANI JUNCAL: Iluminador, participou na produción executiva de «CoraSons» e deseñou a escenografía. | ISABEL LEAL: Foi a voz do grupo Jig. A música e a fotografía son as súas paixóns. | UXÍA: Máis de 25 anos de carreira artística. É directora artística de Cantos Na Maré, o Festival Internacional da Lusofonía, e tamén de «CoraSons». 

CARACTERÍSTICAS: 
CORASONS 
Textos de COLECTIVO CORASONS 
Fotografías de ISABEL LEAL 
Interpretación musical de SÉRGIO TANNUS, SERGINHO SALES, PABLO VIDAL, QUINÉ, BRUNO CARDOSO, MANUEL SALSELAS, XOSÉ MANUEL BUDIÑO, ALFREDO TEIXEIRA, NORTON DAILELLO, ISAAC PALACÍN, ALFONSO CALVO 
Voces de MAGÍN BLANCO, CHUS DOMÍNGUEZ, XOAN CURIEL, NAJLA SHAMI, ANA SENLLE, UXÍA, QUINÉ, ALINE FRAZÃO, SERGIO TANNUS, PIERRE ADERNE, TATÁN CUNHA, 
COUPLE COFFEE, INÊS SALSELAS, CARLOS BLANCO, 
BELÉN CID, ISABEL LEAL, RUI DAVID, ANTÓNIO ZAMBUJO, BUDIÑO, LUANDA COZETTI, JOÃO AFONSO 
Encadernado en cartoné. 22 x 16 cm. 64 páx. 25 €. 
ISBN 978-84-8464-849-9. Libro-CD-DVD. Contén sobrecuberta. 

Ningún comentario: