15 de dec. de 2013

A CONTA DE QUEN COMERON OS 1500 MILITANTES DO PP EN VILANOVA?

O PSOE DENUNCIOU UTILIZACIÓN DE MEDIOS PÚBLICOS PARA A CEA E O BNG CUALIFICA AO PP DE DEFENSOR DE CORRUPTOS
Esa é a gran pregunta que nos facemos todos os
salinienses hoxe despois de saber polos medios de prensa que 1500 persoas cearon no Pavillón de Deportes de Vilanova organizada polo todo poderoso Duran  a conta de todos nos. O PSOE  non tardou en denunciar a utilización de medios públicos para preparar a cea do PP.
Todos sabemos que nos eventos do PP utilízanse medios publicous e iso podémolo ver na nosa vila cada vez que hai un mitin do PP como empregados municipais preparan o Salón de Peña ou empregados do
museo encárganse de levar a documentación a xunta electoral en horario de traballo, polo que animamos o PSOE e resto de formacións políticas e que aparte de denuncialo publicamente nos medios de prensa o denuncien tamén no xulgado por malversación de caudais públicos.
Así pasaron polo pavillón de Vilanova todos os caciques de quenda Feijoo, Louzán, Touris, Aragunde, Duran entre outros e tamén a imputada Catalina, Alcaldesa de Sanxenxo, que non dimite nin por recomendación, pero si
que tivo que oír as gravísimas acusacións efectuadas en rolda de prensa por Xoán Allegue e Montse Prado, dirixentes do BNG, quen cualificaron a PP de defensor de corruptos en resposta ao secretario de organización do PP provincial, Luis Serantes, o nacionalista replica con contundencia nun comunicado que "os dirixentes do PP son bastante covardes por non asumir as súas responsabilidades", e que acusa a Luís Serantes de "mentireiro e irresponsable". E engadía mais Xoán Allegue quen chegou a dicir que dentro do PP hai "unha camarilla de corruptos" e de Serantes afirman "o seu posto de traballo" na Deputación depende de que lle ría as grazas ao seu amo".
Por suposto a amenización do acto estivo a cargo de músicos e cómicos do PP como son a orquestra de D’Tacon e Mucha e Nucha que non fan rir nin os seus familiares en Nadal, e como nos sobran en cartos e non estamos en crise tamén se botaron fogos artificiais. Claro despois temos que sufrir o restos dos mortais os cortes en sanidade e ensino. Panda de caciques.
Fotos: Google.

Ningún comentario: