31 de dec. de 2013

A NOSA TERRA NADA CHE DEBE

NADA LLE IMPORTA QUE ALA TE QUEDES
O día 28 de outubro de 1977, un cantautor galego, sen
parangón ate o día da data , para o noso criterio, que se chamaba Suso Vaamonde, xa finado para a nosa desgraza e gran amigo do cambadés Xoán Silva, gravou un disco no Teatro Cine Veiga de Moaña, en directo, a novena canción dese LP, titulábase  RÉQUIEM, e Suso
Vaamonde en directo antes de cantar este tema dixo: “Bueno, houbo un tempo  que un home escribiu unha historia longa, que contaba a historia
dun home que se tivo  que ir de Galicia. Entón, foise botando lume por todas as partes, botando chispas, e entón chegou a Venezuela, entón fixo pesetas e volveu para acá, en vez de falar en galego, falaba
en castelán ou a veces en injlés, total, que fíxose señorito, entón aquel home un bo día morreu e a él está feita esta canción. Agora que claro vos sodes  ceibes de  pensar en que vos dea a gaña e non ten que ser precisamente esta da canción:”
Cambadeses,  vos tamén sodes ceibes de pensar a quen vai adicada esta canción:

REQUIEM
Paco Pixiñas, zorro confeso, 
fuche en carroza pra o cimenteiro. 
Tanto rillar na carne de cocho 
tanto rillar, matoute un arrouto. 
Un torozón finou cos teus días 
como te alcontras Paco Pixiñas.
Púñache os cornos seica a parenta, 
síguechos pondo postmorten, seica. 
Das malas lingoas non fagas precio, 
durme tranquilo no teu sartego. 
Vendiche vento, vendiches leria, 
todo vendiches menos decencia.
Todo ten precio, todo se compra, 
todo se vende, menos vergonza. 
Diñeiro podre non fai mercede 
alma mezquiña, todo empodrece. 
Como che vai cariña de antroido, 
tanto aforrar pra agora estar morto.
A nosa Terra nada che debe 
nada lle importa que alá te quedes 
dándolle estrume ó chan alleo 
pois a Galicia sóbralle esterco. 
Si fuches povo, dil desertaches, 
Paco Pixiñas, Requiescat in pace.



Ningún comentario: