21 de dec. de 2013

CAMPAÑA A PROL DO ASILO CAMBIO DE VOTOS?

O VIDEO DAS MONXAS LEVANDO A VOTAR OS VELLOS E UNHA DOS MAIS VISTOS NA REDE EN CAMBADOS.
Estes días poidemos ver na prensa como se anunciaba a
“bombo e platillo”, unha campaña por parte da Deputación e do Concello de Cambados a prol da congregación relixiosa Irmás dos Anciáns Desamparados de Cambados. Unha
campaña loable se non tivera uns fin determinados. Primeiro que case todos ancians que están no “Asilo” pagan mensualmente a súa manutención e os seus coidados, segundo que hai empresas e persoas que durante todo o ano apoian economicamente ou con efectos o Asilo e nunca saen na
prensa e terceiro  onde meteron os cartos da venda das parcelas de parte da finca do asilo. Preto dun centenar de firmas comerciais, establecementos de hostelería, supermercados, industrias e talleres colaboran, na medida das súas posibilidades, nesta
campaña de axuda ao asilo. Roupa, calzado, alimentos non perecederos, electrodomésticos, utensilios de cociña, complementos, entre outros obxectos, forman parte do material que adoita aportar o comercio local nestas datas en beneficio do jeriátrico cambadés, e como deciamos ningún sae na prensa e o fan durante todo ano non só en nadal. Nos nos tememos que esta campaña  ten unha contraprestación e non e outra que esta: 

Ningún comentario: