20 de dec. de 2013

XUBILASE XAIME PILLADO SILVOSO

EXCELENTE PERSOA, FOI GRANDE FUTBOLISTA E FENOMENAL MESTRE DO IES. RAMÓN CABANILLAS.
Xaime Pillado Silvoso nace en Triana -  Fefiñans un doce de novembro do ano
1953, no seo dunha familia traballadora. Estudou na escola de “Parvulitos” que había na rúa San Gregorio, (a célebre escola que fora de Dª Antonia) , despois na escola do Convento e na Academia de D. Nazario (na Praza de R. Cabanillas) e no Instituto Cabanillas, onde cursou o Bacharelato , despois en Santiago fixo a carreira de Xeografía e Historia. O seu primeiro destino foi Eibar, no
País Vasco. Outros destinos: Monforte, onde coñeceu a Manuel María, Pontevedra, Vilagarcía, Vilalonga e, por último, Cambados.
-Con esa pinta de persoa “formal” que ten agora de maior, de neno era un auténtico “terremoto”. Todos os días había que ir a buscalo para comer ao mercado (Praza de Fefiñáns), a onde escapaba para xogar á pelota. 
Xaime con seus irmáns, Xoan
Antonio, Pastora e Manolo.
-Cando descubriu como funcionaba aquelo dos Reis Magos, pasaba polo bazar das tías (Bazar Silvoso) e escondía algún xoguete que lle gustaba. O día de reis, pasaba directamente pola trastenda e, que casualidade, os reis sempre lle botaban alí o que lles pedía.
-De rapaz, xogando á pelota na Calzada, pasaba unha
señora cunha "tarta" destinada a un coñecido médico cambadés. Dun certeiro "balonazo" de Xaime a "tarta" foi polo aire diante da horta de Bazán (hoxe Parador do Albariño) antes de chegar ao seu destino. 
Pero, agás os que peiteamos canas, moi pouco xente sabe que Xaime Pillado  foi un gran xogador do Club Juventud Cambados
despois de militar no equipo do seu barrio “O Trianiña”, el formou parte daquel mítico Cambados, que marcou 104 goles na tempada 1974/75, unha alienación que moitos nenos e mozos sabiamos de memoria: Millan II, Gerardo, Roberto, Pillado, Conde,Castro, Costas, Chatarra,
Abeledo I, Ramoni e Abeledo II. Xaime perteneceu o Cambados dende o ano 70 ate o ano 77, era un lateral esquerdo, duro,  pero limpo, o extremo dereito que marcara non tocaba pelota por moi bo que fora, Xaime “secabao” de tal maneira que o adestrador rematábao cambiando, pero era inútil, polo lateral de Xaime non pasaba ninguén. 
Unha vez rematou a súa época de xogador e de estudante viñeron os tempos de traballar e pasalo ben. 
Como bo cambadés e amante do entroido Xaime tamén pertenceu a famosa e desaparecida, pero querida Unha Grande Chea, no ano 1989 con aquel famoso "disfraz" de toureiro.
Logo viñeron os tempos de asentar un pouco mais a cabeza
 e formar unha familia, despois dun primeiro matrimonio que non saíu como el quería, coñeceu a muller da súa vida: “Sagra”, quen lle deu un precioso neno,  Pablo, e como rematan os contos felices “E colorin , colorado este cuento se ha acabado”. 
Os nosos parabéns a Xaime, co gallo da súa xubilación e como reza o titular deste artigo que non deixa de ser un xesto a unha persoa que admiramos e queremos, xubilase unha excelente persoa, un grande futbolista, un fenomenal mestre,  e engadiriamos un mellor pai. Apertas amigo e sorte.
XAIME EN UNHA GRANDE CHEA
Ano 1989


XAIME NO CLUB JUVENTUD CAMBADOS

  1.- De arriba a abaixo e de esquerda a dereita: Chato, Mallo,Pillado, Giraldez, Rori, Millán ,Romero, Chatarra, Panarro, Ramoní e Paco Trigo. Primeiro ascenso a Regional Preferente do Club Juventud Cambados, corria a tempada 1969/70, campo de Pasarón, e victoria por 2 a 1 o Porriño Industrial
 2.- 25-01-1970 En Catoira Xuveniles José Manuel, Paquito, Trapote, Pillado, Rodolfo, Coco, Mon, Rubio, Pahiño, Pombo e José Romero.
 3.- XI-1970 Xuvenís na Illa:  Ramiro Montero, José Manuel, Tito, Mon, Pillado, Paquito, Rodolfo, Cantero, José Mª Lage, Galiñanes, Quin Agra, Laberca, Pombo, 4.-Ulloa, Nardo.
 4.-Ano 1971.- De pe de Esquerda a Dereita: Nito Millán, Maio, Giraldez, Pillado, Rori e Laya. Agochados: Neno, Eloy, Agra, Ramoni e Chatarra.
 5.- Ano 1971.- De pe de esquerda a dereita: Chatarra, Laya, Pillado, Rori, Nito, Rodolfo, Agochados: Perrinchos, Ramoni, Agra, Rubio e Neno.
 6.- 31-I-71 Xuvenís en Cambados José Manuel, Tito, Nardo, Pillado, Sito, Rodolfo, Cantero, José Isaac, Ramiro Montero, Javier Rivas, José Romero, Laberca, Quin, Ulloa, Martínez , Galiñanes.
 7.- Ano 1971.- De pe de esquerda a dereita: Millán, Giraldez, Chatarra, Pillado, Rori, Laya,...... Agachados: Neno, Mallo, Agra, Ramoni e Perrinchos.
 8.- VI-1971 Cambados Paco Trigo, Giráldez, Gelito(Chata), Nito, Ramoní, Rori, Laya, Carducho, José Manuel, Quin, Neno, Mayo, López(Perrinchos), Pillado, Rubio, Chato.
 9.- 5 XII-71 Xuvenís Cambados Pillado, Nardo, Tito, Suso, Sito, Diego, Galiñanes, Toñito Rey, Carmelo, ......., Alejandro, Eusebio,, Roberto.
 10.- 7-V-72 Cambados Nito, Mayo, Giráldez, Pillado, Rori, Laya, Neno, Eloy, Quin, Ramoní, Gelito Chatarra.
 11.- 9-IX-73 Cambados Suso, Conde, Lubiáns, Paco Trigo,Pillado, Gelito Chatarra, Nito, Costas, Abeledo I, Ramoní, López, Abeledo II.
 12.- Tempada 73/74. De pe de esquerda a dereita: Chatarra, Gerardo, Millán, Chopi, Pillado, Conde. Agochados: Costas, Perrinchos, Abeledo, Ramoni e Bollitas.
 13.- Tempada 74/75. Este equipo fixo historia no futbol galego e estatal. Consigue nada máis nin nada menos que a frioleira de 104 goles na tempada , o gol Nº 100 consigueuno Conde contra o Compostela na Merced. De pe de esquerda a dereita: Millán, Gerardo, Roberto, Pillado, Castro, Conde, Quico (adestrador). Agochados: Costas, Chatarra, Abeledo, Ramoni e Bollitas.
 14.- Tempada 74/75. De pede de esqeurda a dereita: Quico (adestrador), Millán. Gerardo, Roberto, Pillado, Castro, Conde, Carducho (2º adestrador). Agochados: Costas, Chatarra, Abeledo, Ramoni e Bollitas.
 15.- 27-VII-75 Cambados Roberto, Eduardo, Pillado, Jorge
 16.- 21-IX-75 Cambados Xaime Pillado (contra o Compostela), Xaime foi un lateral rompedor e contundente, o extremo que marcara aburriase nos partidos porque non tocaba balón.
 17.- Ano 1975.- De pe, de esquerda a dereita: Millán, Almazán, Roberto, Pillado, Conde, Chatarra, Costas, Perrinchos, Abeledo, Ramoni e Bollitas.
18.- Club Juventud Cambados en Santa Isabel, probablmente ano 1976. De pe de esquerda a dereita: Suso Millán, Gerardo, Lubians, Pillado, Conde, Perrinchos. Agochados: Costas, Chatarra, Abeledo, Ramoni e Bollitas.
 19.- Ano 1975 (¿?). De pe de esquerda a dereita: Almazán. Chopi, Pillado, Suso Millán, Conde, Chatarra, Nito Millán. Agochados: Costas, Perrinchos, Abeledo, Ramoni e Bollitas.
 20.- Tempada 75/76 (¿?) De pe de esquerda a dereita: Millán, Almazán, Chopi, Pillado, Castro, Chatarra. Agochados: Bollitas, Conde, Abeledo, Ramóni e Pitulas.
 21.- Tempada 75/76(¿?). De pe de esquerda a dereita: Pintos, Almazán, Panchito, Chopi, Pillado, Castro, Chatarra, Nito Millán, Quico (adestrador). Agochados: Perrinchos, Suso Millán, Costas, Conde, Blas, Ramoni e Bollitas.
 22.- 6-I-76 O Cambados na Lomba: Roberto, Lucho, César, Pillado, Genaro, Chatarra. Agochados: Costas, Gelo, Garea, Ramoní, Mundo.
 23.- Ano 1977.- Presentación. De pe de esquerda a dereita: Lubians, César,......, Lucho, Gelo, Pintos, Cordal, Castro, Falcón, Pitulas, Mauro (adestrador), Xepe (presidente), Botana, Gerardo, Oubiña. Agochados: Padín, Ramoni, Eloy, Costa, Chatarra, Almazán, Sito, Jorge e Pillado.
 24.- 3-IV-77 Cambados Cortegoso, Roberto, César, Blas, Mundo, Lucho, Costas, Gelo, Ramoní, Paredes, Pillado
 25.- Tempada 1977.- De pe de esquerda a dereita: Cortegoso, Chopi, César, Blas, Mundo. Agochados; Lucho, Costa. Gelo, Ramoni, Paredes e Pillado.
 26.- Ano 1977.- De pe de esquerda a dereita: Castro, Chatarra, César, Mundo, Lucho, Pillado. Agachados: Costa, Garea, Paredes, Ra´moni e Cortegoso.
27.- Ano 1976.- De pe de esquerda a dereita: Eloy, Pillado, Castro, César, Lucho, Chopi,......Agochados: Costa, Gelo, Garea,Ramoni, Mundo e Eduardo.

Ningún comentario: