A RAÍZ DAS CRITICAS DESTE BLOG A ACTITUDE DE CERTA PERIODISTA CAMBADESA.
Como xa anunciamos neste mesmo blog fai uns días e xa
coidamos que vos imaxinástesvos, o medio que enviou a misiva cando menos “intimidatoria” ao administrador deste blog. Efectivamente foi “A Voz de Galicia”, carta que publicamos hoxe integramente o remate deste "post", agás o nome da periodista en cuestión , aínda que penso que vos xa sabedes quen é, e así me fixeches chegar as vosas probas de adhesión na rúa e nas redes.

A misiva, como non podía ser doutro xeito pola Voz de Galicia, escrita en castelán, ven a dicir que dende o mes de xuño de 2013, “viene sometiendo a nuestra periodista… a una injustificada campaña de acoso y difimación contra la que nos vemos obligados a reaccionar, por estar
afectando a su vida pèrsona, familiar y profesional”.
afectando a su vida pèrsona, familiar y profesional”.
Nin que este blog se dedicara única e exlusivamente a criticar a periodista en cuestión. Nada máis lonxe da realidade a periodista en cuestión é criticada baixo a sacrosanta liberdade de expresión a que todos temos dereito incluída “A Voz de Galicia”.
Agora ven o bo:”Tanto la periodista como el medio que me
honro en representar, defenden y practican con verdadeiro celo la liberdade de información y expresión…”. Aquí que facemos?... Rímonos, botámonos a chorar, pasamos, reaccionamos ou simplemente obviamos este comentario. Deixo a voso criterio o que facer.

O resto da carta intimidando a este blog non vai ser tan sequera nin obxecto de comentario porque simplemente nos
parece intentar amedrantar por parte dun enorme medio de comunicación (Goliat) a un simple e insignificante blog de aldea (David).
parece intentar amedrantar por parte dun enorme medio de comunicación (Goliat) a un simple e insignificante blog de aldea (David).
Este blog contestou o día seguinte a misiva e díxolle o seguinte:
“Estimado Sr. Vilela.
Examinado por que este que suscribe e polo seu letrado o blog "A TI MEU CAMBADOS" dende xuño pasado e no relativo a periodista cambadesa …, teño que facer as seguintes consideracións:
1º.- Dende xuño o blog ten centos de entradas, e as
referidas a … son ún número case insignificante.
referidas a … son ún número case insignificante.
2º.- Polo meu letrado non se atopou nas mesmas ningún acto nin de acoso nin de difamación que poderá infrinxir a Lei de Protección Civil do Dereito ao Honor e a intimidade persoal ou familiar, nin moito menos referidas ao código penal.
3º.- Si se atopa algunha que outra critica tanto a liña editorial de periódico así como criticas as novas publicadas pola citada periodista, pero encravadas sempre dentro da sacrosanta liberdade de expresión.
3º.- Reitero novamente , en todo caso indiquen Vdes, o post ou post que consideran intimidatorios ou difamatorios, e insistimos, caso del vulnerar os citados textos legais,
serian retirados de inmediato.
serian retirados de inmediato.
4º.- Insistimos tamén, novamente que nunca estivo na nosa intención nin difamar nin intimidar a ninguén, senón única exclusivamente criticar unhas novas que considerabamos excesivamente partidistas.
5º.- Si atopamos no blog termos referidos a citada periodista
tales como "excelente profesional", "gran periodista" etc.
tales como "excelente profesional", "gran periodista" etc.
6º.-Preto do post publicado o 28/12/2013, é evidente que se trata dunha simple "inocentada", da que abusan todos os medios de comunicación incluido o seu.
7º.- Por último dicirlle que insisto en que non teño ningún problema en reunirme para falar do tema con Vde., a
periodista …., ou a xefa de redacción de Arousa, para aclarar calquera mal entendido que houbera.
periodista …., ou a xefa de redacción de Arousa, para aclarar calquera mal entendido que houbera.
Se pese a todo isto Vdes, mantéñense na idea de emprender accións legais, están no seu dereito.
XAQUÍN CHARLIN GONZALEZ.”
Esta contestación foi remitida o 3 de xaneiro pasado, sen que ate o día da data este blog tivera contestación algunha. O que si temos claro e que imoos a seguir criticando as novas da periodista en cuestión e de outro calquera , se ao noso criterio nos parecen criticables e loalas cando así tamén nos parezan dignas de eloxio como fixemos precisamente onte cunha de Faro de vigo, non nos imos a acolloar por presións ou intimidacións, por moi grande que sexa o medio.
ESTA É A MISIVA EN CUESTIÓN
Ningún comentario:
Publicar un comentario