16 de xan. de 2014

CAMBADOS, AMES E VILALBA, 'CIDADES AMIGAS' ANTE BILBAO BASKET E IBEROSTAR

OS HABITANTES DE CAMBADOS, AMES, NA CORUÑA, E VILALBA, EN LUGO, PODERÁN GOZAR DA LIGA ENDESA CO RIO NATURA MONBUS POR TAN SÓ NOVE EUROS 
Os veciños de Cambados Ames (A Coruña) e Vilalba
(Lugo), serán os próximos en acollerse ao proxecto "Cidades Amigas" do Obradoiro CAB. Unha iniciativa que lles permitirá gozar do baloncesto ao máis alto nivel ante o Bilbao Basket (domingo, 26 de xaneiro -12.30h.-) e Iberostar Canarias (domingo, 2 de febreiro  12.00h) a un
prezo especial de 9 euros. 
Para acollerse a esta promoción só deberán presentar o seu DNI ou calquera documento oficial que verifique a súa residencia en calquera das tres localidades á hora de adquirir a súa entrada tanto en venda anticipada (nas oficinas do club de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas, ou
na Tenda Oficial “Miudiño Store” na Área Central local Blusens, de mércores a sábado de 17.00 a 22.00 horas) como en taquilla o mesmo día do partido. 
Esta iniciativa que comezou no mes de novembro, levarase a cabo durante toda a tempada e en cada partido que o conxunto obradoirista dispute no Fontes do Sar. 
Para o encontro ante o Bilbao Basket, o prezo das entradas
para o público en xeral é de 35 euros nas Tribunas Retráctiles, 30 euros para as Tribunas 1, 25 euros as Tribunas 2 e 20 euros Fondos. 
No entanto, o club ofrece prezos reducidos para abonados e accionistas, menores de 18 anos, estudantes menores de 25 anos, parados de longa
duración e maiores de 65 anos de 25 euros en Tribunas 1, 20 euros en Tribunas 2, 15 euros Fondos e 10 euros os nenos menores de 10 anos (Tribunas 2) . Estes prezos mantéñense para as entradas adquiridas os xoves laborables. 
Na compra de entradas con descontos requirirase ao portador da entrada a documentación pertinente que acredite devandito desconto á hora de acceder á instalación. 

Ningún comentario: