16 de xan. de 2014

CHARLA INFORMATIVA DA CIG EN CAMBADOS:

“100 MEDIDAS PARA A CREACIÓN DE EMPREGO”.
O mércores 22, ás 20 h., no Auditorio da Xuventude en Cambados, a Cig
presentará a campaña que está a desenvolver por todo o
país de divulgación do contido da INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR que recolle as medidas para a creación de emprego  e que conta co apoio do BNG.
Neste acto intervirán Xoán Xosé Bouzas (Tupi) e Rosa Abuín.
CHARLA INFORMATIVA  SOBRE AS ALTERNATIVAS DO BNG AO MODELO DE SOGAMA
O BNG do Salnés organiza unha Charla Informativa para dar conta da nova Lei do Sector Eléctrico, da necesidade dunha tarifa propia para Galiza, e  dar a coñecer o que di o noso recibo da luz. O acto terá lugar o martes 21 de xaneiro, ás 20.30 h., no Auditorio Municipal (Seminario 1)  en Vilagarcía e nel intervirán Xoán Allegue, responsábel comarcal; Montse Prado, deputada no Parlamento Galego; Fernando Branco, exdeputado do BNG e Xosé M. Golpe, asesor enerxético.


Ningún comentario: