15 de xan. de 2014

ENTREVISTA SEN LUZ NIN TAQUÍGRAFOS DO ALCALDE DE CAMBADOS COAS MARISCADORAS

POR EXPRESO DESEXO DO ALCALDE NON FOI INVITADO NINGÚN MEDIO DE PRENSA.
DESTACABLE:  BENITO GONZALEZ NON ESTIVO NA REUNIÓN.
Onte celebrouse no Salón de Plenos do Concello de Cambados unha entrevista entre o Alcalde de Cambados Luís Aragunde, o tenente de Alcalde Antonio Iglesias e un grupo de mariscadoras (
ún número aproximado de 15) entre as que se atopaba a presidente a Asociación Isabel Pérez e a concelleira do BNG e tamén mariscadora María Xosé Cacabelos. O de porque o Alcalde a propósito non avisou a prensa debe ser porque non lle debía interesar as promesas ambiguas e datos non contrastados que lle deu as mariscadoras. Pero non sabe o ignoto de Luisiño que as mariscadoras son
moita mais listas e intelixentes  do que el pensa. 
O primeiro dato que o Alcalde lle deu as mariscadoras é de traca, textualmente díxolles que “si as compartas empeoran o Saco de
Fefiñans sóldanse e quedan arriba para toda a vida”.  Alucínate esta afirmación do ilustre  personaxe que temos como Alcalde. Todos os estudos serios de biólogos din que as comportas van empeorar o marisqueo no Saco  entón como di o refrán “para esta viaxe non fan falta alforxas”.
Outra das afirmacións do ínclito de Luisiño foi “Calquera actividade que queiran facer as mulleres no
Saco unha vez colocadas as comportas terán que mandar un escrito ao Concello cun mes de antelación”. E todos nos preguntamos que coño (con perdón) pinta aquí o concello si isto é unha cousa de obras de porto e en todo
coso da confraría de Pescadores de Cambados.
Terceira aseveración do Alcalde as mariscadoras “as comportas estarán fechadas nos meses de verán, e preferentemente nos fins de semana, pois vaise facer unha praia” tamén dixo Luis que "o resto do
ano abriranse as comportas unha vez o día, a poder ser coincidindo coa baixamar nocturna”. Por fin cambadeses,  o PP vai cumprir unha
promesa electoral feita por Tourís xa fai mais de oito anos: Unha praia en Cambados. Este noso Alcalde está verdadeiramente ilustrado. E evidente que ao Alcalde as mariscadores non lle importan absolutamente nada.  A todo isto que garantías sanitarias vai ter un estanque onde se
verten aguas fecais e todo tipo de contaminación , pobre bañistas facer un seguro antes de bañarvos. Só lle faltou dicir a Luisiño “Isto e meu”, no resto do ano pódense abrir comentou o Alcalde.  Si ves que tal deixas
pechadas todo o ano.
A preguntas dunha mariscadora dixo que o saneamento do Saco pode ir para largo, cando en realidade estaba prometido para iniciar as obras en Decembro pasado, hoxe mesmo o concelleiro de medio ambiente Agustin Hérnández recoñeceu a Faro de Vigo que o saneamento
posponse para o vindeiro verán. Incrible xogan con pan de xente e impórtalles un carallo, son uns desalmados os políticos que nos gobernan. Por certo a Luisiño cando lle convén as cousas non dependen del e cando lle convén el é o gran salvador da nosa vila. Cinismo puro.
A presidente Isabel Pérez e parte da
directiva mudas totalmente incapaces de rebater as mentiras do noso Alcalde.
Outra mariscadora pregúntolle quen se ía facer cargo das perdas  do marisco, Luís dunha maneira vaga, como él é, dixo "que non cree que pase nada , que en todo caso que
seria responsable Portos de Galicia."
Outro signo de desprezo as mariscadoras foi cando lles dixo “que ten de malo que a auga este estancada
varios dias, quen vos dia avós (mariscadoras) que iso e malo”. Pois quen llo vai dicir , iluminado, os técnicos. 
 O noso Alcalde si tivera o que hai que ter asinaba por escrito todo isto para sabe que o único obxectivo da Alcaldía e facer do Saco unha instalación de actividades acuáticas e as mariscadoras que lle dean…
Isabel Pérez si tivera un pouco de dignidade, ou dimitía ou cantáballe as 40 a Luisiño.
O gran ausente desta xuntanza foi o actual patrón Maior de Cambados, será verdade ese rumor de que lle están a preparar un cambio na cadeira por un home do partido.
Como nos dicía unha mariscadora despois de rematar a reunión e moi enfadada: “Son uns irresponsables, malgastan o diñeiro sen pensar nas consecuencias futuras, fixeron a metade do peirao de Tragove e estase a fundir outra vez, e agora as comportas se non son compatibles co marisco serán soldadas”. ¡¡¡Manda carallo!!!
PD.- A informadora da reunión "NON VIVE EN FEFIÑANS".( para @s suspicaces).

FOTOS:
DIARIO DE AROUSA
FARO DE VIGO
ANOVA CAMBADOS
MONTADICTOS

2 comentarios:

MANUEL dixo...

A violencia non é doada en ningunha circunstancia, pero as movilizacións por collóns sí. A xente do Gamonal sae a rua e ¿as nosas mariscadoras non teñen pensado denunciar (outra vez) e paralizar unas obras cheas de MERDA, e nunca meior dito, que poden levar unha epidemia a cantidade de xente amén de que non se pode facer nada sen antes sanear o saco?. O saco nin é de Aragunde nin de portos nin de costas, é das mulleres que o traballan. ESTAMOS GOBERNADOS POR ALFEÑIQUES MEQUETREFES E INEPTOS, PERO SOBOR DE TODO TRAMPÓNS.

o quinto dixo...

pero home que carallo de comparacion e da xente do gamonal e as mariscadoras de cambados, se o noventa por cento das mariscadoras empezando por a presidenta, digan o que digan os ineptos incopetentes e trampons estes, incluido o alcalde, estan de acuerdo e din amem, sin ir mais lexos uha da directiva, dixome o salir da reunion que lusiño era puco menos que un santiño