20 de xan. de 2014

O BNG SÚMASE AS REIVIDACACIÓNS DOS VECIÑOS DA AVDA. DA PASTORA

RECLAMANLLE O ALCALDE ARAGUNDE QUE OS RECIBA
O BNG de Cambados ven a sumarse as reivindicacións dos
veciños da Avda da Pastora que despois de case dous meses de habelo pedido seguen sen ser recbidos polo peor alcalde de Cambados dende que morreu Franco, Luis Aragunde, despota onde os haixa fai caso omiso das peticións dos veciños de
Santa Mariña, perante a actitude negativa de “Sisi” Aragunde, o BNG de Cambados ven de presentar un escrito no concello no que nos explica que a decisión do concello de poñer sentido único a Avenida da Pastora creou un malestar entre veciños e veciñas lugar, pois esta medida supuxo, entre outras
cousas, que para acceder ás súas fincas cos tractores teñan que dar unha gran volta tendo, ademais, que circular por estradas xerais. Que como esta medida, segundo o concello, foi valorada durante meses, non se entende como non se falou previamente cos veciños/as para coñecer a súa opinión, nin tampouco resulta razoable que a día de hoxe o concello non  os convocara  a unha xuntanza para
explicarlles que medidas vai a tomar para solucionarlle a problemática creada coa medida adoptada, polo que os nacionalistas piden  que o concello convide a unha reunión aos veciños/as afectados e lles facilite unha solución á problemática creada coa aplicación do sentido único da Avenida da Pastora.

Ningún comentario: