13 de xan. de 2014

“TEATRO NO GARAXE” ABARROTA O AUDITORIO CON YERMA.

MOI BOA ACTUACIÓN DE TODO ELENCO DE ARTISTAS
Onte o Auditorio de Cambados quedouse pequeno para
Manolo Dios
asistir a obra de  Garcia Lorca “Yerma” dirixida polo arousán Manolo Dios. Ata os  corredores atopábanse cheos de xente. Sen ser uns entendidos en teatro obviamente, pois para iso xa están os críticos, a interpretación de todos actores de "Teatro no Garaxe", lembremos que son simples afeccionados, foi  marabillosa, algunhas das novas actrices ate nos sorprenderon moi gratamente como foi o caso de Norma Vázquez ou Mastilde

Martinez, por exemplo.  Dende Araceli e Manolo ata a que menos interveu todos tiveron unha gran actuación nunha obra moi difícil de interpretar.  Consuelito estivo incrible e nosa amiga Rosa Mari estivo xenial , non en vano fíxose notar a súa longa experiencia nisto das táboas.  A nos pasounos o tempo voando e o remate o publico agradeceu cunha longa ovación o traballo dos protagonistas. Moita xente quedou sen ver a obra polo que  non estaría  mal outro pase.

En canto as fallos se os houbo , nos non nos demos conta, agás algún que outro  son fora de lugar  que apenas se notou. Iso si o cartel dado polo concello aos existentes  non se vía nin con lupa, podia facer as letras un pouquiño mais grandes.

Ningún comentario: