16 de feb. de 2014

A MÍTICA ESCALINATA DE SANTO TOME CORRE PERIGO DE DERRUBE.

O CONCELLO DEBERÍA PROHIBIR O PASO POR RIBA DELA, SEGUNDO ALGÚNS VECIÑOS.
Non dabamos creto o que nos contaban a propia xente de Santo Tome(Cambados), pero hai probas
mais que contatableis que así o acreditan. Os baixos onde se gardan as piraguas están apuntalados e retiraron as mesmas para o baixo da antiga fábrica de Otero na Alameda de Santo Tome. Debido a cantidade agua caída
o teito da escalinata ten pequenos afondamentos, algúns veciños incluso nos indicaban que da magoa ver con esta e deberían de prohibir o paso dos veciños por riba dela. Aínda non fai un ano que operarios municipais estiveron arranxando os baixos da escalinata, onde precisamente
teñen a piragua o Alcalde e mais o Tenente de Alcalde. Ao parecer a semana pasada operarios municipais quitaron dos baixos un camión de escombro. Por riba da escalinata hai fendas no formigón.  O concello debía tomar precaucións neste tema e como suxiren algúns veciños debería prohibir o paso da xente por riba da escalinata, ao menos como medida precautoria.





Ningún comentario: