11 de feb. de 2014

CASE RESOLTO O CRIME DO CAMBADÉS RESIDENTE EN POIO

DETEÑEN TRES PERSOAS POLO CRIME DE CHANCELAS, UNHA DELAS HERDEIRA UNIVERSAL DO FALECIDO
O asasinato do cambadés Secundino P.A. o home de 84 ao que mataron a golpes na súa casa de Chancelas (Poio),
onde residia,  fai unha semana, tivo como móbil máis probable a herdanza este. É a principal hipótese que manexan os investigadores e que levou á Garda Civil a deter este luns a tres persoas. Trátase dun home e dúas mulleres, das cales unha fora nomeada herdeira universal polo falecido tan só unha semana antes do crime. As dúas mulleres atopábanse na vivenda no momento da morte e foron quen alertaron ao 112 de que se estaba producindo un roubo na mesma.
Os tres detidos son R.G.G, un varón de pouco máis de 50 anos veciño da rúa Luxemburgo do barrio pontevedrés de Monte Porreiro; e as mulleres A.T.F. e B.G.P., de 30 e 50 anos e residentes en Vilalonga e Noalla, no Concello de Sanxenxo. A muller de maior idade sería a encargada de coidar ao falecido e realizar as tarefas do fogar na súa vivenda nos últimos meses e a outra unha amiga súa. En canto ao varón, supostamente mantiña unha relación sentimental coa coidadora.
Os arrestos dos tres individuos producíronse na tarde deste luns tras practicarse rexistros nas casas de todos eles e precipitáronse porque unha das mulleres supostamente comprara un billete de avión para voar ao estranxeiro ao longo da xornada. Os investigadores detiveron ás dúas mulleres como presuntas autoras materiais do asasinato e ao home como suposto colaborador do mesmo.
O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, e o coronel da Garda Civil de Pontevedra, Manuel Davó, compareceron este luns en rolda de prensa para dar a
coñecer os detalles das detencións producidas apenas uns momentos antes e explicaron as principais liñas de investigación seguidas polos axentes da Policía Xudicial da Comandancia pontevedresa.
Antonio Coello relatou que a vítima acudira ao notario voluntariamente tan só unha semana antes do crime para cambiar o seu testamento. Era viúvo, pero tiña fillos. Pese a todo, decidiu facer herdeira á muller que o coidaba e deixarlle tanto o diñeiro en metálico que tiña como a vivenda
de Chancelas na que vivía e na que apareceu morto. Segundo o subdelegado, os terreos desta casa tiñan un elevado valor económico.
A primeira liña de investigación do crime non foi esta, senón que os axentes relacionaron o sucedido cun roubo con violencia que o falecido sufrira na súa casa en novembro de 2013 e que gardaba moito parecido co sucedido a noite do crime, do domingo 2 ao luns 3 de febreiro. Por aqueles feitos, nos
que o octoxenario sufriu unha malleira, foron arrestadas tres persoas, unha quedou libre e outros dous ingresaron en prisión provisional. Un deles saíra libre uns días antes do crime, por iso é polo que se lle investigase, pero xa se lle localizou a noite do asasinato e tiña coartada.
Esa liña de investigación seguiuse, pero os axentes descartárona finalmente tras recompilar máis probas no lugar dos feitos e no interrogatorio aos familiares e amigos da vítima. Unha das detidas deu a pista que terminou no seu arresto ao desvelar durante o velorio de Secundino P.A. que
el cambiara recentemente a herdanza. 
Os investigadores concluíron que os tres detidos intentaron finxir que o falecido fora vítima dun roubo como o de novembro para desviar a súa atención. Tamén intentaron ocultar os obxectos contundentes cos que foi golpeado, pero os axentes atopáronos na inspección ocular preto do cadáver. 
Unha das dúas arrestadas mudouse a vivir á casa de Secundino recientemente e relatou que esa noite a súa amiga quedouse a durmir con ela mentres o seu xefe
acudía, como cada domingo, á discoteca A Lúa. Nun momento dado, pouco antes das 00.00 horas, chamaron ao 112 para dicir que se estaba producindo un roubo.
A Garda Civil acudiu ao suposto roubo e, nada máis entrar na leira, no acceso á vivenda, atopáronse co cadáver de Secundino P.A., que a autopsia desvelou máis tarde que morreu polos golpes que lle deron na cabeza cunha pedra e o seu propio bastón. As dúas detidas dixeron, entón, aos axentes que sentiran ruídos, que alguén entraba na casa e que dous mozos encapuchados
fuxían nun coche branco.
Resultou ser todo fabulación. Descartada a liña de investigación inicial, os investigadores se enfocaron na tese da herdanza como móbil. O subdelegado recoñeceu que todo se complicou porque "el carácter abierto y social de Secundino hacía que su círculo próximo fuese muy amplio, siendo numerosas las personas que pernoctaban en su vivienda".  Os xuices queixaron amargamente de que o subdlegado do goberno dera tantos datos na rolda de prensa.
NOVA RECOLLIDA DE PONTEVEDRA VIVA

FOTOS: GOOGLE

Ningún comentario: