14 de feb. de 2014

LUIS ARAGUNDE DERROCHA CARTOS PUBLICOS EN BENEFICIO DO PP

A SITUACIÓN QUE SE ESTÁ A VIVIR RESPECTO AO SACO ROZA O REDICULO
Nantronte eramos coñecedores, polos medios de comunicación, que xa se constituira a chamada comisión de
seguimento para as comportas de regulación do Saco de Fefiñáns. Polo tanto, volvemos a comprobar a “eficacia” do PP para impoñer as cousas que realmente  lle interesan, mentres que as  realmente importantes para a maioría, o saneamento do Saco, retrásase eternamente sen que mostren un mínimo interese.
A situación que se está a vivir con respecto ao
Saco comeza a rozar o ridículo. Primeiro polo derroche de cartos públicos para facer unha obra que non beneficia máis ca o PP. Unha obra que ademais, segundo afirman, non entrará en funcionamento ata que o Saco sexa zona B; situación que vemos moi lonxe, de seguir a este
 ritmo o proxecto de sanemaneto. Porque xa hai comportas, xa hai comisión para as comportas, pero do sanemaneto nin se sabe. É dicir, para o que lle interesa ao PP, moita planificación, e para o que lle interesa á
maioría, parálise total.
Ademais vemos que o PP segue a mentir, descaradamente, neste asunto ao afirmar que a prioridade das comportas vai ser o marisqueo na zona, pois se realmente pensaran isto, o prioritario sería o
saneamento para que se puidera explotar o banco marisqueiro. Ademais o BNG lle recorda ao PP que a construción das comportas é unha proposta electoral  para converter a zona do Saco nun lugar de teóricos
“deportes náuticos” (iso dicía a súa propaganda electoral) e que empezaron a camuflar, esta proposta, baixo a escusa do marisqueo ante a presión creada polas esixencias das mariscadoras e ante as denuncias públicas do BNG. Así mesmo, o PP impediu, desde o primeiro momento, que se realizara un
estudio de impacto ambiental que demostrara os efectos que esta obra tería sobre o banco marisqueiro. Por iso non queremos que agora nos conten historias (“o importante é o marisqueo”) que pouco teñen que ver coa realidade (“o importante é o PP”).
En fin, a “película” do Saco segue o guión escrito e deseñado polo PP desde o principio; un guión que nada ten que ver coa defensa do marisqueo no  Saco e cos postos de traballo directamente relacionados con este sector produtivo prioritario no concello de Cambados.
Víctor Caamaño Rivas (Portavoz Municipal do BNG)





NOTA DA ADMINISTRACIÓN DO BLOG.- Ten mais razón que un santo, Victor Caamaño, pero aparte disto o artigo 434 do Código Penal sobre malversación de caudais públicos di: 
"A autoridade ou funcionario público que, con ánimo de lubro propio ou alleo e con grave prexuizo para a causa pública,  dere unha aplicación privada  ben mobles ou inmobles pertencentes a calquer administración ou entidade estatal, outonómica, ou local ou organismo dependentes dalgunha delas, incorrerá  en penas de prisión de ún a tres anos e inhabilitación especial para emprego ou cargo público por tempo de tres a seis anos."


Ningún comentario: