JOSE LUÍS COSTA PILLADO CANDIDATO A MAXISTRADO DO TRIBUNAL CONSTITUCIONAL
O Parlamento galego acordou hoxe con 41 votos a favor, 33
en branco e un nulo propoñer ao Senado a candidatura do xuíz cambadés José Luís Costa Pillado para formar parte do Tribunal Constitucional.
en branco e un nulo propoñer ao Senado a candidatura do xuíz cambadés José Luís Costa Pillado para formar parte do Tribunal Constitucional.
Costa Pillado, a quen apoiaron todos os votos do PP no Parlamento e que non solicitou rexeitamentos dos grupos da oposición, era actualmente membro do Consello Consultivo de Galicia.
O Tribunal Constitucional componse de doce membros nomeados polo Rei; deles, catro a proposta do Congreso dos Deputados por maioría de tres quintos dos seus membros; catro a proposta do Senado, con idéntica maioría; dous a proposta do Goberno e dous a proposta do Consello Xeral do Poder Xudicial (art. 159.1 CE).
Naceu en Cambados no ano 1954. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Interveu como poñente en diversos cursos e seminarios relacionados co Dereito administrativo, e, así mesmo, é colaborador de varias publicacións
especializadas en Dereito.Xuíz desde 1988, exerceu en Pontevedra, onde chegou a ser decano dos seus xulgados. Logo foi tamén maxistrado da sala de contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza da comunidade galega.

Como en Cambados non había instituto, houbo dous anos que non puido estudar e púxose a traballar cos seus pais na confeitería. Cando por fin abriron o instituto, fixo o COU e concedéronlle unha beca. De feito, grazas ás becas, puido terminar a carreira.
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago, ingresa no 82 por oposición na carreira xudicial. Exerceu
como xuíz en Ibiza, A Estrada e Pontevedra. Foi promovido á categoría de maxistrado en 1988 e elixido xuíz-decano dos de Pontevedra en 1995, cargo que desempeñou durante tres anos. Maxistrado da Sección Cuarta da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, atópabase actualmente na situación de servizos especiais como conselleiro electivo do Consello Consultivo de Galicia.
Dotado dun sentido do humor fino e accesible, moi lonxe da egolatría de deseño que campea polos seus predios, é un excelente conversador. “Pepe” como o coñecen os seus amigos é un gran admirador de Van Morrison, o león de Belfast. Ven dunha familia tan humilde como traballadora. O seu pai era panadeiro. Reconfórtalle saber que chegou a ser para o seu pai alguén importante. Un dos seus principais retos foi o de que o seu pai, que foi un home moi grande, sentírase orgulloso del e abofé que o consegeu con creces. A súa nai sempre estivo aí, sempre o apoiou incondicionalmente.
Nesta casa naceu Pepe. |

Estamos seguros que os seus pais aparte de sentirse
orgullosos de “Pepe”, tamén se sentiron orgullosos dos seus irmáns a mestre María Jesús, o funcionario de xustiza Fernando e o que segue coa saga familiar da “Dulceria Costa”, o benxamín Pablo. Todo eles excelentes persoas.
![]() |
O día que xuro como membro do Consello Consultivo de Galicia. |
Pepe Nunca comprendeu como a súa muller fixera caso a un tipo como el... Cando a coñeceu, Pepe non pintaba nada. A súa vida non apuntaba a ser gran cousa... Sempre estivo con el sen condicións. Ela é, segundo conta o propio Pepe, a maior sorte que lle deu a vida.
Desexamos profundamente como cambadeses que o Senado proceda o nomeamento deste noso ilustre paisano para as mais altas cotas da maxistratura do país, se chega a ser nomeado, nunca un cambadés chegou tan alto. Sorte “Pepe”. Xente como Pepe, "querido" Luis Aragunde, son os que hai que nomear cabaleiros porque levan o nome de Cambados a cotas moi altas, e non a delincuentes como Mata e sucedaneos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario