ROSA QUINTANA CHAMA MENTIREIROS E MANIPULADORES AOS MARIÑEIROS DO CERCO
A conselleira de Medio Rural e do Mar condea "enérxicamente" as protestas de Vigo e A Coruña e
denuncia "manipulación" de "dous ou tres".
denuncia "manipulación" de "dous ou tres".
Centos de mariñeiros manifestáronse este xoves en Vigo e o venres na Coruña para protestar pola cota do xurelo. Unhas protestas que, no caso
de Vigo, rematou con varios feridos e detidos, e que provocou que na da Coruña houbera unha forte presenza policial.
de Vigo, rematou con varios feridos e detidos, e que provocou que na da Coruña houbera unha forte presenza policial.
Estas protestas non gustaron na Xunta. A conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, condenou "enerxicamente" estas
manifestacións e dixo que están "manipuladas". "Son dous ou tres que din que son representantes dun colectivo que está dividido", manifestou. "Non é xusto que pola violencia se teñan que impor uns criterios contrarios aos da inmensa maioría", dixo nun acto en Vigo.

Quintana chama ao "diálogo"
Por iso, fixo un chamamento aos mariñeiros para que "dialoguen" e acorden a forma de xestionar as cotas de, e non "a través de actos de violencia e tentar que primen
os intereses de tres sobre os demais". "Hai alguén empeñado en dar unha mala imaxe do sector pesqueiro", manifestou ao tempo que puxo en dúbida que nas protestas só participen armadores e tripulantes. "Ao mellor hai xente allea", apuntou.

Ademais, acusou a alguns representantes do sector. "Nunca escoitei dicir tantas bobadas ás que non fago caso", dixo en alusión a que o ano pasado algún barco pescaba 23.000 quilos á semana e agora correspóndenlle 30.000
para todo o ano, porque por esa regra de tres, dixo, en 2013 acapararía "toda a cota" de Galicia.
para todo o ano, porque por esa regra de tres, dixo, en 2013 acapararía "toda a cota" de Galicia.
A conselleira acusa ao sector de "mentir"
Outra "mentira" que dixo ter escoitado aos manifestantes é que na repartición ao País Vasco correspóndalle o 70%
da cabala e a Galicia, o 30%. "A división faise entre catro comunidades autónomas e as cifras resultantes serían un 48% e case un 25%, respectivamente", apuntou.
da cabala e a Galicia, o 30%. "A división faise entre catro comunidades autónomas e as cifras resultantes serían un 48% e case un 25%, respectivamente", apuntou.
Neste sentido dixo que se se atende á repartición do xurelo na zona 9 do caladoiro do Cantábrico Noroteste, polo cal a Galicia lle corresponde o 97,9%, "os vascos poderían
montar unha película similar", concluíu.
montar unha película similar", concluíu.
Definitivamente esta muller non ten vegoña ningunha e unha impresentable ela e mais os que o segue como o Patrón Maior Benito gonzález e o Alcalde de Cambados Luis Aragunde.
NOVA RECOLLIDA DE
http://www.galiciaconfidencial.com/nova/18002.html
1 comentario:
Esta muller é igual co seu Xefe Hililloshsss, pero igual igual, de trampona, de autocomplacente, de ningunear a quen debe escoitar, a meter insidias de "dous ou tres"( se debe referir a Luisiño e o Pelea cando van con Tourís disfrazados nas manifestacións a recibir hostias( son masocas)... ai señora que se lle vai das mans o pouco que queda do Cerco galego, a xente está hasta o carallo de esta EUROPA que nos agasalla con desguaces e cartos pos espabilados e as empresas desaparecendo, os Tacs achicandose, os mariñeiros desesperados, e ainda tes a faciana de decir que é cousa de dous ou tres, eres unha Iluminada incompetente que somente mirades para as imposicións de tasas e artellar a maneira de ter a xente baixo corda. Xa era hora de que se racharan as vestiduras, é o pobo quen fala e é o pobo mariñeiro quen dí que está hasta os mismísimos de tod@s aqueles que representan intereses alleos e bandullos e van cubertos con caretas para tapar esas facianas de desprecio pola xente e autocomplacencia fascitoide. Non vos deberían dar nin un voto na vida, estades finiquitando as ilusións e porvires de moitas familias e ainda decides que é culpa dos mariñeiros, algo de culpa teñen por non ter capacidade de resposta con tempo e confiar nos seus "representantes funsionarios", pero agora que se reviran HOSTIAS E PATADAS CON ELES, este retroceso vai dar moita vida e emprego OS GRISES porque a xente ,lexos de achantar, ante o seu futuro pelexará ata onde faga falta. O futuro do cerco pasa por incumplir as normas senón o mar irás dous ou tres meses, e eso no quere nadie. Ningún goberno debe oprimir a quen pode e quere traballar dignamente.NON QUEREMOS QUE NOS GOBERNE EUROPA, NON PEDIMOS ESMOLA, PEDIMOS DIGNIDADE E TRABALLAR TODO O ANO.
Publicar un comentario