12 de mar. de 2014

O PSOE DE CAMBADOS PRESENTA UNHA MOCIÓN PARA DEFENDER OS MARIÑEIROS

CONCRETAMENTE UNHA COBERTURA PARA OS EPISODIOS DE AMARRE POLO MAL TEMPO.
O PSOE esgrime, que por outra parte é unha obviedade, que levamos un inverno de moi mal tempo e foi moi
prexudicial para os mariñeiros. Concretamente sinala o PSOE algúns sectores tiveron perda de mais do 28 %. Este seguro xa existía anteriormente co bipartito pero foi eliminado polo Partido Popular. En vista do cal o
PSOE solicita instar a Xunta de Galicia a negociar cunha compañía de seguros a posta en marcha dunha póliza que dea cobertura aos episodios de amarre por causas do mal tempo. Tamén solicita o PSOE, por medio da súa voceira Fátima Abal, que o concello inste a Xunta de Galicia a poñer en marcha unha liña de
axudas directas aos armadores para o financiamento do custe das primas de seguro.  Todos grupos políticos miran pola xente do mar menos PP que fan todo o contrario. Incrible que sigan votando os mariñeiros a estes imPPresentables.

Ningún comentario: