11 de mar. de 2014

O TODOPODEROSO “REI MIDAS” DA POLITICA PERANTE OS TRIBUNAIS.

LOUZÁN DECLARA ANTE O FISCAL SOBRE O SEU PATRIMONIO POLA DENUNCIA DUN PARTICULAR
O presidente da Deputación e do PP provincial, Rafael Louzán, prestou declaración este martes ante o fiscal de
Delitos Económicos de Pontevedra no marco dunha investigación aberta pola Fiscalía tras a denuncia dun particular en relación coa declaración de bens patrimoniais do político.
A investigación céntrase nun local comercial en Vigo
Declaración de bens de
Louzán (non o cree nin el)
propiedade de Louzán e da súa esposa que teñen alugado supostamente por un prezo superior ao de mercado, segundo sinalaron fontes da Deputación.
Fontes da Fiscalía indicaron que ao longo da xornada deste martes se decidirá se se pide ao xulgado que siga investigando e se impute a Louzán por un delito económico. O prazo para pedir esa imputación vence este mesmo
martes, segundo fontes xurídicas.
A Fiscalía chamouno a declarar para aclarar os termos dunha denuncia anónima presentada por un particular a raíz da Declaración Patrimonial que fixo pública a través da web oficial da Deputación Provincial. O denunciante consultou o documento e denunciouno. Trátase dunha declaración na que dá conta de que é propietario dunha
vivenda unifamiliar por un valor catastral de 152.197 euros, un apartamento por 26.353 euros, locais comerciais por 24.931 euros, dous terreos rústicos destinados a viñedo por 18.136 e 18.442 euros e outro terreo en proceso de concentración parceira por 31.712 euros, todo na provincia de Pontevedra.
O presidente da Deputación chegou aos xulgados da Parda a primeira hora deste martes acompañado pola súa muller e prestou declaración ante o fiscal de Delitos Económicos, Augusto Santaló. Entrou pola porta principal, pero abandonou os xulgados nun vehículo a través do garaxe dos xulgados para evitar a presenza da prensa.
Nova recollida de PONTEVEDRA VIVA

Ningún comentario: