GRAVADO EN “BARCIAMERA” EN MONDARIZ.
Está claro de que o grupo “Os Xeitosiños” seguen a súa magnifica progresión musical
dentro do mundo dos gaiteiros, e aparte de ser uns músicos consumados non só no tema de gaita e percusión senón en outros instrumentos, a súa fama xa fai tempo que desborda as “fronteiras” cambadeses. Pilar Garcia Rego presentadora do programa da TVG “Alalá”, con eles está como peixe na auga. O pasado 22 de Marzo os nosos amigos “Os Xeitosiños” desprazáronse a Mondariz para gravar un especial do xa famoso programa da TVG. Os rapaces ao parecer, segundo eles mesmos contan pasarono de marabilla e cunha compañía tamén inmellorable en un escenario fermosísimo “Barciademera” preto de Mondariz. Non sabemos aínda a data de emisión do programa gravado o pasado 22 pero unha vez teñamos coñecemento informaremos ao respecto. Aquí vos deixamos unha ampla reportaxe gráfica do evento:

Ningún comentario:
Publicar un comentario