31 de mar. de 2014

XIRONSA CELEBRA A SÚA CEA ANUAL “DE NADAL”

ABERTA A “TODO O MUNDO”, NO RESTAURANTE FORNIÑOS DE CAMBADOS.
Está claro que Xironsa é unha das  asociacións mais bulideiras do Concello de Cambados e durante todo ano
organiza e participa en multitude de actos. Pois ben o próximo 12 de Abril terán a súa cea de Nadal Anual... leedes ben, de Nadal!!! . É unha costume de Xironsa  da que non sabemos a razón,  sempre se celebra  a cea de Nadal   meses despois destas populares festas,
imaxinamos que neses datas todo mundo ten cea de empresas e non se da abasto. Será no Restaurante Forniños co seguinte menú:
ENTREMESES
“PULPO” CON PATACAS
TENREIRA ASADA
Viño Albariño, Rioxa e Mencía, Pan, “Postre”, café e “chupito”, todo polo módico prezo de 20 €
Pero sobre todo... MOITA FESTA!!!! animádevos!


Ningún comentario: