7 de abr. de 2014

ENCONTRO ABERTO DO BNG EN VILAGARCÍA

EN VILAGARCIA O VINDEIRO VENRES ONCE DE ABRIL AS 18.30 H.
O BNG do Salnés celebra este venres 11 de abril, ás 18´30 h., na Praza da Peixería en Vilagarcía de Arousa un Encontro Aberto sobre a emigración en Europa e as súas
pensións e as  alternativas do BNG  ás políticas antisociais marcadas pola Unión Europea.
Neste acto contaremos coa presenza de Ana Miranda, cabeza de lista ao Parlamento Europeo; Xosé Leirós, candidato e membro da Coordinadora Nacional de Emigrantes Retornados; Montse Prado, deputada no Parlamento Galego e; María Villaronga, portavoz municipal.

Ningún comentario: