21 de abr. de 2014

MONCHA E FLOREANO CHEGAN A NEW YORK NUNHA BOTELLA DE VIÑO

A ADEGA CAMBADESA “BODEGAS ALBAMAR” CHEGA A EE.UU DA MAN DE GOGUE.
Os soadas persoas creados polo humorista gráfico Gogue
aterran en Nova York como embaixadores do viño.
Floreano e Moncha, os soados personaxes creados polo humorista gráfico Gogue lánzanse a facer as Américas. E, como vén sucedendo nas viñetas que publica FARO, farano como embaixadores do viño. A adega situada
en Cambados "Albamar" embotellou dous mil cen botellas de albariño e outras tantas de mencía nas que o etiquetado está presidido polo matrimonio dos paisanos saídos da mente de Gogue.
Floreano é a imaxe do mencía tinto da galega Ribeira Sacra, mentres que Moncha é a embaixadora do Albariño de Rías Baixas dá
citada adega cambadesa Albamar.
As botellas xa chegaron ao mercado de Nova York, primeiro paso, din, da expansión dun viño acompañado de bo humor e boas críticas, asegura o responsable gráfico da iniciativa,
Gogue. "Os viños xa están no Parador Café, un restaurante con tradición en Nova York rexentado por José Alejandro, galego e fillo de Emigrantes dos anos 50", asegurou Gogue.
A cabecera "O Tempo Latino" -unha publicación de The Washington Post- xa se fixo eco de que o viño con Floreano e "Monchiña" aterrou no mercado norteamericano. "Gogue é coñecido no ambiente do humorismo gráfico estadounidense e algún dos seus traballos foi seleccionado para o National Press Club de Washington, DC", indicaron nun artigo recente.
NOVA RECOLLIDA DE FARO DE VIGO


Ningún comentario: