12 de abr. de 2014

O AROUSANO EDUARDO ABAD SABARIS, NÚMERO 2 DE UPTA ESPAÑA

FILLO DUNHA CAMBADESA “EMIGRADA” A VILAGARCIA POR RAZONS “MATRIMONIAIS”
O vilagarciano-cambadés Eduardo Abad Sabarís foi elixido onte secretario coordinador xeneral de Unión de
Porofesionais e Traballadores Autónomos(UPTA) España, a principal organización de autónomos do país. Abad, de 43 anos, empezou a traballar en organizacións de autónomos a mediados da década dos 90 cun colectivo de Vilagarcía que
posteriormente uniríase a UPTA Galicia. O arousano foi secretario xeral da organización galega nove anos, e desde fai catro formaba parte da comisión executiva de UPTA España e era o responsable de Administración, Inmigración e Transportes. Sebastián Reyna continuará á fronte da entidade estatal. Eduardo e fillo de nai cambadesa , concretamente de Maruxa Sabaris, nacida no barrio de Triana (Rua Bimbio) , é
primo de Richar o expresidente do Cambados.. Eduardo era irmán do malogrado Tino Abad o que fora dono do Musaraña. Cando lle mandamos a Eduardo a nosa felicitación por chegar tan alto,  dixonos que Cambados aparte de estar na sua sangue, está tamén no seu corazón. Parabéns amigo.
NOVA RECOLLIDA EN PARTE DO FARO DE VIGO.

Ningún comentario: