27 de abr. de 2014

OPINIÓN: ALTO RISCO DE "MILDIU."

UN ARTIGO DE RICARDO LÓPEZ COSTA
A climatoloxía actual de chuvias e temperaturas suaves, son propicias para que a enfermidade do "mildiu" nas viñas sexa
inminente.
Estes días os viticultores xa aplicaron os primeiros tratamentos en calidade preventivo, para evitar no posible un ataque masivo deste "hongo".
As novas tecnoloxías están a xogar un papel importante en favor dos viticultores, con información en tempo real sobre
climatoloxía e risco de enfermidades.O proxecto de viñas Atlánticas ten como obxectivo desenvolver un sistema de xestión medioambiental sostible, onde informa do risco de enfermidades os viticultores, para iso ten disperso pola comarca varias estacións en Armenteira,Barrantes,Castrelo,Sanxenxo, Tremoedo, etc. desde onde reciben e facilitan información os viticultores
das grandes cooperativas.Neste sentido o consello regulador ten que impulsar e favorecer que esta información chegue en tempo real o cento por cento dos viticultores da D.O.
Dicir que a estación do Areiro, dependente da Deputación de Pontevedra, tamén facilita información básica sobre o risco das enfermidades, pero debemos impulsar que esta información chegue a todos, incluso a aqueles que non dominan o internet.
Así pois ambos organismos fan fincapé que mañá luns dia 28 e un dia de ALTO RISCO, onde os viticultores deben vixiar as súas plantacións, e aplicar fitosanitarios en caso de ver manchas de "mildiu".
UN ARTIGO DE RICARDO LÓPEZ COSTA

Ningún comentario: