29 de maio de 2014

“ALZA LA VOZ CAMBADOS”

OS MEUS MAIS SINCEROS PARABÉNS
Fai un ano empezou a irrumpir na rede un blog que se denominaba “ALZA LA VOZ CAMBADOS”,
cunha forza impresionante,  a pregunta non era outra nas redes sociais “quen é o de Alza la voz Cambados”, preguntábase todo o mundo. O de “ALZA LA VOZ CAMBADOS” era un rapaz procedente dunha familia mariñeira 100%  veciño de Fefiñans e que estaba a causar furor en Cambados.  É Marcos “O Saltón” dicían uns, outros ían ao
alcume do pai “Marcos o fillo do Xudio”, ningunha das dúas versións estaba errada pero en  realidade o que acababa de estoupar na rede era unha enchenta de aire fresco que viña a deixar o baleiro (non quero dicir que se parezan escribindo, enténdaseme) que deixara , esperemos que provisionalmente,  o mítico Óscar Pardo Planas con Cambados TK pai dos blogueiros cambadeses. Marcos ten dobre mérito pois a pesar de estar traballando como cociñeiro en Xixón, a veces pon fotos de novas incluso moito antes dalgúns que vivimos en Cambados e os poucos minutos de acontecer a nova,  noutras ten información privilexiada de alto secreto,  en fin digno de admirar. Marcos
non se destaca coma uns de facerlle a valixa ao poder como  “Vivir en Cambados” ou como “A TI MEU CAMBADOS” de arriar caña a babor e a estribor, el é mais ecuánime, mais pausado,  pero ollo que cando se anoxa e sobre todo se ten a razón,  tamén hai que ter coidado con el senón que llo pregunten a un tal Señorita Portas. En fin querido Marcos, os meus mais sinceros parabéns,  e alégrome moito, pero moito moito que teñas mais de 250.000 visitas pese a non “Vivir en Cambados”. Unha aperta querido amigo e espero que non quedes só nun ano e cumpras tantos coma eu na rede que xa non levo nin a conta.
"CHON"

Ningún comentario: