CONCELLEIRAS DO PSOE DIMISIONARIAS EN VILAGARCÍA E MEIS RESPECTIVAMENTE.
Antes de nada dicirvos que vos entendo perfectamente nestes intres, porque eu pasei polo mesmo, e sei ben que
son os peores momentos despois da dimisión.
Despois dicirvos que os vosos respectivos comentarios non foron afortunados igual que aquel meu de “Chochito de Oro” do cal xa se vai cumprir un ano, pero de aí a dimisión vai un mundo, eu despois de ver
 |
| Morant e Camps |
as burradas que dixeron os do PP neste ano non dimitiría . Estou seguro que ningunha persoa desexa a morte de ninguén e menos vos que traballades a prol do voso partido como facía eu sen cobrar un peso, agora véñenme así de súpeto a mente aquelas palabras do defunto Manuel Fraga cando dicía aquelo de “El mejor terrorista, es el terrorista muerto”, ou as
.jpg) |
| Rafael Maluenda |
do alcalde de Busot e deputado provincial de Fomento e Desenvolvemento en Alicante, Alejandro Morant que con motivo da inocencia de Francisco Camps de recibir traxes da trama Gürtel dixo «Hoxe, malia ter un mal momento familiar, quero dar o meu
 |
| Andrés Martinez |
máis sincera parabén ao sempre inocente Paco Camps, e desexar a peor das agonías a todos aqueles que fixestes sufrir a este home honrado. Noxo e rabia sento cara a todos vós, malas persoas, radicais, crespadores, mafiosos, trampóns, e calquera cualificativo que describa á xentuza», escribiu en xaneiro de 2012, ou esta outra que é de premio: «Que pena que a catástrofe ferroviaria impídanos expresar prudentemente a nosa satisfacción polos datos do paro», publicou no seu twitter o deputado autonómico Rafael Maluenda deputado do PP nas Corts
 |
| Castelo a dereita |
Valencianas (cando foi o accidente de Santiago), ou esta outra do responsable de Emprego en Villarrobledo (Albacete), Andrés Martínez,suxeriu a unha muller parada que foi pedirlle traballo cun bebé ao Concello: "Ou a dás en
.jpg) |
| Paula Prado |
adopción ou te metes a puta" , e por non esquecerse daquela famosa “As leis son como as mulleres, están para violalas” pronunciadas por un alto cargo do PP José Manuel Castelo Bragaña (quen dimitiu nun principio e despois déronlle outro cargo), ou as burradas da deputada autonómica galega popular Paula Prado que di nas conversacións telefónicas da Operación Poquemon (e
.jpg)
ratificada no cargo por Feijoo), podiamos seguir citando burradas de altos cargos do PP, total ninguén vai dimitir, tampouco importa que saias retratado con ilustres narcotraficantes, iso non ten importancia. Este partido que se caracteriza por ter corruptos abondo nas súas filas, contas en Suíza, deixar sen cartos aos preferentistas, están
.jpg) |
| Isabel San Sebastian |
cheos de merda ata as orellas, como se apresuran a pedir a dimisión dos seus contrarios políticos cando simplemente se pronuncia unha frase desafortunada, ven a palla no ollo alleo e non ven a viga no propio, iso si, sempre acompañados pola seu carnaval madiático que ten nas súas filas a seres tan impresentables como Isabel San Sebastian que mistura a morte da presidenta da Deputación de León cos escraches ou botarlle a culpa a “El Jueves” por unha foto que sacou da finada fai dous anos. Na esquerda ou somos parvos ou facémoslle o xogo a estes peperos , elos non demiten nos si. Agora queridas compañeiras dimisionarias estamos a ver polos medios de prensa , sobre todo un gran reportaxe da Sexta de hoxe a tarde, que a presidenta de Deputación non era unha “santa”, que tampouco é razón para matar a ninguén (nunca hai razón para matar a unha persoa) , insisto, pero foi xente do seu propio partido o que acabou coa súa vida, e non fuchedes vos, concelleiras dimitidas cos vosos desafortunados comentarios, nin os de escraches nin por suposto o xoves. Este pais é tan
.jpg)
vergoñento que permite que un simple porteiro do concello grazas a política chegue a ser un dos homes mais ricos de Galicia, e só grazas a política e se vexa como a cousa mais normal do mundo. Así que queridas compañeiras dimisionarias benvidas a este novo “partido” CDE (Concelleiros Dimisionarios da Esquerda), benvidas o país onde podes roubar sendo cargo publico pero non podes ter unha frase desafortunada, a miña solidariedade e o meu apoio nestes difíciles momentos. Un saúdo.
POST DE BEATRIZ MARTINEZ:
POST DE SUSANA CAMIÑO:
2 comentarios:
Coido que no comentario de Beatiz só sobra o "Jaja" final
Polas cabezas de moita xente pasan pensamentos da mais diversa índole, poñelas nun medio onde o vexa moita xente require unha pequena reflexión antes de escribir. Visto o que escribiron moitas "cabezas" tratando de buscar nexo de unión do asesinato co malestar dunha maioría do pobo da maneira mais enreversada e botándolle a culpa o cidadán que está hasta o forro de moitos impresentables políticos ( porque tamén os hai sin ser políticos), e un acto de baixeza, ignorancia, mala fé, estupidez, rastrero e innoble que demostra hasta donde están disposto a chegar certos indivíduos para "defender" patria e ideales. É moi triste ver como sacan de contexto todo con tal de demonizar o cidadán para seguir cortando libertades e dereitos. ¿Preguntaránse alguha vez porqué ainda non reventou o pobo ante tanta inxustiza? ¿ Ou quizás si, e vendo que o pobo non se mobiliza pois cada vez tómanos por mais pardillos? Nadie lle desexa a morte a ninguén, nadie no seu sano xuicio, o problema é que algunhas persoas o perden.
Publicar un comentario