2 de maio de 2014

O “FOLLON” NO CONCELLO DE CAMBADOS POLAS "PRAZAS A DEDO" FAISE OFICIAL

O BNG TAMÉN DENUNCIA OS FEITOS, SUMÁNDOSE ASÍ DENUNCIA DO BLOG “CORES DE CAMBADOS”.
Os BNG de Cambados denuncia no concello de Cambados  que a pasada semana, no salón de plenos, tivo lugar unha
das partes dun proceso de selección de persoal e ao remate do cal, ao dar a coñecer o listado dos traballadores seleccionados, creouse un conflito, ás portas do concello, entre algunhas das persoas presentadas por considerar
que no proceso se beneficiou a certas  persoas sobre outras. Como queira que a situación laboral actual pasa por un momento tremendamente crítico, onde o paro non deixa de crecer e as persoas nesta situación teñen cada vez menos confianza en poder conseguir un posto de traballo e, como consecuencia, danse situacións persoais e familiares de desánimo e tensión que poden levar á
situacións como a vivida no concello os pasados días, razón máis que suficiente para que calquera proceso de selección de persoal deba ser transparente e imparcial de xeito que quede perfectamente demostrado que o persoal traballador é seleccionado
polas súas capacidades e formación e non polos seus contactos persoais, familiares ou políticos; así pois, en ningún caso debería ser unha entrevista persoal a proba  realmente definitoria na selección do persoal, e menos na Administración pública, que debe ser exemplo de transparencia e xustiza; polo que  ven
de solicitar  que o concello de Cambados facilite ao grupo municipal do BNG a seguinte documentación:
1.- Listado das persoas presentadas a este proceso selectivo. Acceso á documentación presentada polos aspirantes.
2.- Listado das persoas finalmente seleccionadas para desenvolver o traballo ofertado neste proceso.
3.- Integrantes da comisión de selección de persoal deste proceso.
4.- Bases do proceso selectivo.
FOTOS: GOOGLE IMAXES.

Ningún comentario: