26 de maio de 2014

“PODEMOS” CO RESULTADO DE ONTE ACADARÍA REPRESENTACIÓN NO CONCELLO DE CAMBADOS, E O BNG PERDERIA UN CONCELLEIRO

TODOS OS PARTIDOS “IMPORTANTES" BAIXARON VOTOS EN CAMBADOS.
Con resultados que se deron onte en Cambados nas
Eleccións europeas 2014 a formación sorpresa nos comicios de onte “PODEMOS” acadaría representación no concello de Cambados.


EUROPEAS 2009
LOCAIS 2011
AUTONOMICAS 2012
EUROPEAS 2014
PP
3569
5208
4018
2469
PSOE
1692
1385
1258
933
BNG
774
1742
1145
767
AGE
-
-
884
542
PODEMOS
-
-
-
373

Os técnicos en estudos electorais din que non se deben
comparar uns comicios a outros de distinta categoría e dicir , hai que comparar unhas europeas a outras europeas, se o facemos así vemos que tanto PP, como PSOE, como BNG baixaron votos en moita maior medida PP (1100 votos) e  PSOE (759) ,
mentres que BNG tivo unha tímida baixada de 7 votos, pero tampouco hai que  botar foguetes por isto, senón todo o contrario, a nos parécenos que non medrar non é bo para unha formación política como o BNG (79732) que vai camiño de converterse nunha forza residual, superada no noso pais incluso xa por PODEMOS (84116), realmente lamentable, e aquí
non dimite ninguén. Tamén se empezan a notar electoralmente  os problemas que existen tamén,  e moi graves,  dentro de AGE. 
 Pero imos a xogar a facer outras comparanzas  e así nos  comicios de onte se os comparamos  coas
municipais do 2011 vemos que o PP sufriu un grande desfeita pois nada mais e nada menos que perderon 2739 votos, o PSOE perdeu 452 votos e o BNG perdeu case mil votos, concretamente 975 votos. 
Se facemos as comparacións coas autonómicas do 2012 todos perderon tamén votos,  así o PP perdeu 1549 votos,  o PSOE perdeu 325 votos o BNG perdeu 378 votos e AGE perdeu 342 votos.
Se os comicios de onte foran municipais o PP acadaría 9 concelleiros,  o PSOE 3 concelleiros, BNG 2 concelleiros, AGE 2 concelleiros e acadaría representación PODEMOS con 1 concelleiro.
Fai falla vento fresco como PODEMOS dentro da política, tamén en Cambados.

Ningún comentario: