UN ARTIGO DO “FILOSOFO” E COCIÑEIRO XAN GALBÁN.
Así lle chaman os ex-alumnos de Castrelo onde impartía educación básica para o futuro,coa veneración e o respecto conquerido e gañado a pulso de quen fai da súa profesión o eixo de onde xira todo,por que o dela é o ensino ,
vocacional, sentida, sabedora que para gañarmos o futuro debemos ter unha cidadanía preparada,sen apriorismos sectarios que deriven en totalitarismo ou partidismo sen argumento mais alá do por que sí, educa a querermos o noso entorno natural tan diverso e tan rico no Salnés, a recuperarmos a etnografía mesmo fóra do Concello de Cambados,os Danzantes de Cobas, as Telleiras de Castrelo que tanto nos falan do pasado histórico-industrial do Bao,da biodiversidade da Ensenada do Umia, dos usos e costumes con estudos inabarcábeis nesta humilde homenaxe,e en toda a xeografía nacional, mesmo no Estado Español ten o recoñecemento e colaboura-lembro con agarimo a reportaxe para Barrio Sésamo dos alumnos nas Telleiras , a de quilómetros que ten percorrido por todo o país,e todo para dares sempre coa reflexión lapidaria "se a xente non ama e coñece o país,como vai querer a lingua de seu?"ou "Os votantes do BNG no rural son heroes,o que teñen que sufrir". Pero con toda esa capacidade de traballo que a define, nunca foi unipersoal senón todo o contrario, sempre gustou dos grupos de traballo creando oredores de colaboración que servían para tender pontes en facetas multidisciplinares do saber educando aos nenos no esforzo de "querer saber" en buscar respostas fronte a unha formulación teórica e divertíndose;cando chegaban os alumnos de Castrelo ao desaparecido BUP eran os mais apañados de todos nós. Isto é o maior legado que pode deixar unha mestre.Todo isto levábao ou o tentaba inculcar na faceta de activista política, pero como sabemos as organizacións parten de persoas xa con bagaxe e ideoloxía ben definidas e mesmo con intereses persoais lexítimos pero cunha finalidade común e nisto último poñia todo o seu esforzo,creando grupos de traballo,organizando o local para calquer evento sempre coa inestimable axuda de Pastora e Mon, e case sempre dende a sombra mais absoluta, só os militantes sabiamos disto. A excepción foi cando conquerimos convencela para que fora a candidata á Alcaldía -eu teño algo de culpa- en momentos difíciles na localidade e deuno todo, todo e mais política e persoalmente, púxose diante co vento en contra de maneira digna e coas cousas claras, unha muller candidata ,unha muller "Dior mio" nun Concello conservador, só aquel "cartaz" horrible de "Señorona" do GADIS afeou unhas eleccións da que puido ser a mellor alcaldesa de Cambados. Hoxe non estamos no mesmo barco partidario , foi a única ao mesmo tempo que Mon que nos veu a "consolar" a min e a Avelino Aragunde De la Torre cando xa non coincidiamos na estratexia da asemblea do bipartidismo e gañou Adela máis si sobre a mesma bandeira,a da estrela branca que libera aos pobos e superposta a da estrela vermella que emancipa aos mais desfavorecidos da sociedade; sei que casou cun barqueiro do Umia e como boa parella andan a armar pontes ou en todo caso a non destruílas mesmo doéndolles todo por que seguen a ser referentes, MESTRES

Ningún comentario:
Publicar un comentario