ESTA ANO O EXCELSO PREMIO RECAE SOBRE A FIGURA DE MANUEL NUÑEZ, UNHA VIDA ADICADA O ENSINO E A CULTURA.
O vindeiro venres 16 de maio no Auditorio da Xuventude de Cambados, as 21 horas terá lugar a gala do XI Premio
Ramón Cabanillas que conceden as librarías Contos e Ramón Cabanillas de Cambados, haberá unha representación teatral: "Recordatorio samonense para Don Ramón Cabanillas" de Fiz Vergara Vilariño a
cargo de "Teatro no Garaxe", quen a hora de pechar os carteis aínda non estaba acordada tal actuación. No acto a falara a tamén premiada e amiga e colaboradora de Manuel Nuñez, Adela Leiro, e actuarán a increible Pauliña chaves, o sorprendente Adrián Cores e Asociación Cultural
Xironsa de Corvillón, sempre unha garantía . Colaboran no evento a Asociación Cultural Xironsa, Baloca Bar, Ceip Antonio Magariños e o I.E.S. Ramón Cabanillas.
![]() |
| Adela Leiro e Manolo Núñez |
![]() |
| A increible Pauliña |
![]() |
| O sorprendente Adrian Cores |
O día 16 despois do acto haberá unha cea no restaurante Traiña ao prezo de 20 €. Os interesados poden anotarse las librarías Contos e Cabanillas.
O Sábado 17, faremos feira das Letras Galegas na Praza de Alfredo Brañas por primeira vez, de 11,00 a 14,00. A partires das 12,00 estarán asinando libros Manolo Núñez e Ramón Caride.
O vindeiro venres 9 de maio presentación do libro “Manual do Astronavegante” en Exposalnés ás 20.30 horas, onde falaran Emilio Insua e o autor do libro Candido Duro Dominguez. Organizan o acto as librarías Contos e Ramón Cabanillas.
Aínda que pareza mentira Manolo Nuñez non é cambadés de nacemento, pois é nado no Cebreiro, pero si o é de adopción pois estivo nada mais e nada menos que corenta anos de mestre en Cambados, 27 no Colexio Antonio Magariños e o resto no
IES Ramón Cabanillas, onde se xubilou. Núñez é un perfecto coñecedor da vida e obra do noso mais egrexio escritor, o insigne Ramón Cabanillas. El foi ou autor da “Ruta Literaria de Cabanillas” e que levou a práctica no ano 2009, por certo unha ruta que o concello de Cambados, non sabemos porque razóns non sinala no noso pobo. Erudito en varias materias Nuñez nunca deixou de estudar, ademais de ser un consumado conferenciante, amen de pertencer a Asociación de

Ensinantes do Salnés Candea, con enderezo social en Cambados.Manolo Núñez e coautor de varias obras entre elas "Por Cambados
con Cabanillas", "Con Cabanillas polo Salnés"," A avifauna na obra de Cabanillas", "Os ríos", "O home e o mar", "O medio mariño", "Cambados.O mar", "Galiza.A natureza", "As montañas de Galiza", "As árbores de Galiza", "A costa de Galiza", "Auga e pedra", ""Galicia en mapas", "Galicia. Ciencias sociais 6".

Ningún comentario:
Publicar un comentario