26 de xuño de 2014

ESCÁNDALO: O DIARIO DE AROUSA ENTRE EN CAMPAÑA NA CONFRARÍA DE CAMBADOS.

ESPECIAL ELECCIÓNS CONFRARIA DE CAMBADOS.
A CANDIDATURA POLA REXENARACIÓN DEMOCRÁTICA ACUSA A ESTE MEDIO DE TERXIVERSAR A VERDADE, O PEOR DO QUE SE PODE ACUSAR A UN PERIÓDICO.
A candidatura pola rexeneración democrática  acaba de facernos chegar unha nota na cal acusa claramente ao
Diario de Arousa de terxiversar a verdade en concreto de
darlle "a volta a unhas declaracións",  a noTa ten tres puntos e di o seguinte:
"""·1.- As declaracións aparecidas no Diario de Arousa o pasado mércores, foron manipuladas e terxiversadas polo propio Diario de forma mal intencionada e nada tivo que ver co que o noso compañeiro expresou.
2.- José Antonio Padin é o representante do cerco e
portavoz en esta ocasión da nosa candidatura. De ningún modo candidato a Patrón Maior como sae no diario faltando a verdade.
3.- O sector do marisqueo a flote da nosa candidatura está absolutamente a favor  do vixente sistema libre marisqueo e totalmente en contra de permitir que se movan boias e postes por medio de outras confrarías, co consentimento do noso patrón
maior e do seu cabildo."""
Ate aquí a nota aclaratoria da candidatura pola Rexeneración Democrática , que si é certo o que di , e do peor que se pode acusar a un medio de comunicación de terxiversar a verdade e ademais mal intencionadamente
Tampouco nos estraña moito pois  este medio recibe cartos tanto dos concellos do PP , principalmente do Concello de Cambados e da Confraría de Cambados por medio de Benito Pelea, ou sexa que non nos colle de sorpresa que o Diario de Arousa intente facer campaña a prol do imputado Pelea.

Ningún comentario: