18 de xuño de 2014

OPINIÓN: A FALTA DE LÓXICA.

UN ARTIGO DE RICARDO LOPEZ COSTA
Nos últimos anos vemos como as grandes compañías de petróleo, amasan múltiples fortunas,
e os seus executivos dispoñen de salarios multimillonarios.
Por outra banda vemos como nas súas gasolineiras, despiden persoal asalariado, e fan que os propios consumidores e condutores traballen
gratis para eles subministrándote ti a propia gasolina e pagando o contado.Aquí cabe facerse moitas preguntas, pero me temo que xa todos coñecemos as respostas, ¿quen se responsabiliza dun sinistro nestes casos?. ¿un condutor sen
permiso de manipulador de produtos tóxicos e inflamables, pode manipular gasolinas?.¿Que pasa si derramas gasolina no chan, e chega un coche a respostar co tubo de escape quente?.¿quen se responsabiliza de todo isto?.
Si as grandes compañías se lles permite isto, porque a un simple condutor autónomo se lle esixe un curso formativo que costa case mil euros, denominado CAP(Curso de Aptitude Profesional) para poder conducir vehículos profesionais ou de mercadorías perigosas?.
Unha vez mais estamos nun contrasentido, onde os ricos e poderosos enchufan os políticos que aproban leis o seu favor.
UN ARTIGO DE RICARDO LOPEZ COSTA

Ningún comentario: