UN ARTIGO DE RICARDO LÓPEZ COSTA
Estes dias polas estradas do pais, proliferan centos de postos de venta de "cereixas".Dende Vilagarcía a
Pontevedra sen medo a equivocarnos podemos atopar case vinte "chiringuitos", que venden o prezado " ouro vermello". A froita que se vende procede das zonas onde mais abunda este produto, a comarca do Bierzo (León), e o Valle do Jerque (Cáceres).
![]() |
As persoas o fronte destes "negocios", normalmente tenden a ser ser inmigrantes romaneses ou latinos, así como nacionais sen recursos.
Dito todo isto, cabe preguntarse si estamos ante unha forma de gañar un xornal honradamente, o si estamos permitindo unha competencia desleal entre comercios do mesmo sector.Que autoridades e con que permisos e necesario contar para abrir este tipo de fúranchos o pe da rúa?.Normalmente o comercio legal ten que facer fronte a múltiples gastos e tramites para funcionar dentro da legalidade, e xa non digamos nada das condicións hixiénico sanitarias que aí que cumprir para poder
manipular un produto de alimentación, estas normas tamén son esixidas a estes ambulantes?. Poden as autoridades ser permisivas, ou deben tomar cartas no asunto.
manipular un produto de alimentación, estas normas tamén son esixidas a estes ambulantes?. Poden as autoridades ser permisivas, ou deben tomar cartas no asunto.
A Asociación de Autónomos de Galicia xa presentou varias denuncias, e recordan que un negocio necesita, seguridade social, licencia fiscal, alta de actividade, locais ou vehículos autorizados, etc. así como inspeccións ordinarias de sanidade, fraudes, e inspeccións de traballo, con fortes sancións en caso de non cumprir coas normas.Cumpren estes "negocios" con estas normas? e a pregunta que necesita unha seria e razoable resposta.
UN ARTIGO DE RICARDO LÓPEZ COSTA




Ningún comentario:
Publicar un comentario