24 de xul. de 2014

A RESPOSTA DUN FORUNCULO A UNHA ALMORRANA

EN AGRADECEMENTO A JOSE PEPE POR DEDICARME O SEU ARTIGO SEMANAL EN DIARIO DE AROUSA 
POR  RICARDO DOMINGUEZ REY
      Teño que confesarvos, queridos amigos, que pra min unha das maiores alegrias que ten o ano prodúcese, cando
chega o verán e tras facer case 1.200 kms. por carretera, poder achegarme ao meu querido Cambados natal; poucas cousas me producen mais pracer que  poder estar coa miña familia e, tamén como non, con moitos amigos cos que o resto do ano, por desgraza,  soamente podo comunicarme por teléfono ou a través das redes sociais.  
      
      Pero este ano a todo isto teño que engadir unha agradable sorpresa e  non é outra que o grande, o unico, o
inigualable Jose Pepe, ese “caballero español” dos que xa non quedan,  en definitiva  o noso escribidor local tivo a ben dedicarme o seu artigo semanal en  “Diario de Arousa”;  como,  quizais, moitos non tiveches a oportunidade de lelo e antes de facerlle unhas pequenas aclaracións ao meu “querido” conveciño, reprodúzovolo integramente para que teñades a oportunidade de gozar da súa lectura.
      
      
                    EL FORÚNCULO
      
En mi adolescencia yo era propenso a los forúnculos y nuestro médico de cabecera, D. José Padín, que en paz descanse, que sabía todo lo necesario de medicina y de psicología, me decía que no tenía importancia porque era propio de la edad. Recientemente, y en mi tercera juventud, me salió otro forúnculo, de unos ochenta kilos de pus que desde un blog del que no es titular, pretende torturarme insultándome, ultrajándome y vituperándome sin piedad, por el mero hecho de exponer en este espacio que generosamente me brinda Diario de Arousa la opinión que me merecen diversos aspectos de la vida, de la sociedad, la política y mi Cambados del alma. Este forúnculo, con el que en mi vida he intercambiado ni un saludo, pese a ser convecinos, ha puesto su ojo purulento en mi persona por declararme de derechas, católico y sentimental, negándome el derecho a la libertad de expresión que el sí ejerce contra mí porque no pienso como él. En mis espacios de opinión me he referido, con especial énfasis, al aborto como un crimen cometido con víctimas indefensas y del que también son víctimas muchas madres, sobre todo jóvenes, que se ven abocadas a tan horrible decisión por consejos que no debieran darse. También me he decantado a favor de la energía nuclear porque, en mi opinión, se puede utilizar en bien de la sociedad y de la economía de los ciudadanos, nunca con fines bélicos. En otros espacios he pedido que se elimine el cableado eléctrico que afea muchos de los nobles edificios cambadeses desde la Praza de Fefiñáns hasta la calle Narciso Pérez. También me he referido a la política desde mi óptica personal, condenando la pésima gestión  de los gobiernos de Rodriguez Zapatero, que produjeron la ruina económica de España. Y bien, ¿es que no me asiste el derecho de decir todo lo anterior en tanto que a otros ciudadanos si les asiste tal derecho?. ¿Es que he utilizado palabras ofensivas para personas?. Si así es que se me diga de forma clara y veraz por las personas afectadas, no por espectadores u oportunistas.Queridas lectoras y amados lectores, hoy me he extirpado el forúnculo y seguiré, como nó, haciendo uso de mi derecho de opinión al igual que los demás ciudadanos de esta España de Dios, porque, al final, no ofende quien quiere sino quien puede.

      Como sei que vai a ler isto, deixádeme, queridos lectores, que a partir de agora me dirixa expresamente ao meu querido veciño e o  primeiro que quero destacar e dado que é de ben nacidos ser agradecidos, darche as grazas,
Jose Pepe,  polo dos oitenta kilos; desgrazadamente peso uns cantos “quiliños” mais o que pasa é que ti mírasme con bos ollos i está claro que ó final vas acabar roubándome o corazón, ¡”engatusador”, que eres un “engatusador”! si fose muller de seguro que xa estaría rendido aos teus mais que evidentes encantos; confesareiche que ti tamén parécesme atractivo, tes un  aire a galan de cine que bota para atrás   e ata estou por dicir que a túa caída do paseo marítimo ao mar, tivo tal  “estilazo” que, de seguro, a terían asinado algúns dos mellores especialistas, encargados de rodar as escenas mais perigosas no mundo do celuloide. 

      Pero, meu querido Jose Pepe, este intercambio de “piropos” non  poden ocultar que, no artigo que vimos de reproducir, expresas unha serie de inexactitudes que gustaríame puntualizarche dado  que son totalmente falsas; asi que vamos con elas.....

      Para empezar desmíntoche categoricamente  a afirmación na que dis  “con el que en mi vida he intercambiado ni un saludo, pese a ser convecinos” o cal lévame a pensar que,  ou ben  tes un grave problema de
memoria co que aconsélloche que visites a un especialista non vaia a ser que esa “ilustre cabesiña” comece a non rexer, ou que mentes sendo consciente diso.....¡claro que me coñeces sobradamente!, tesme saudado moitas veces e temos falado mais dunha ocasión, a derradeira fai uns oito anos, mais ou menos, cando debido a que para empadroarme na miña actual residencia en Catalunya tiven que chamar ao Concello de Cambados para solicitar un documento e atendíchesme eficazmente, xusto é recoñecelo. Lembro que estivemos falando un bo rato por teléfono e case nin tiven que darche moitas explicacións para que caeras na conta de quen era eu. Coñécesme moi ben e, a mellor proba é que,  o outro dia cando nos atopamos na Praza de Fefiñans, ao carón do bar Laya e as nosas miradas cruzáronse e cando eu esperaba unha palabra “cariñosa” pola túa parte do estilo: “cabronaso” ou “sinvergonza”, pola contra, baixaches a mirada como fan as mulleres de  “bo ver” cando senten  as miradas luxuriosas e pecaminosas dos homes ao seu paso. (¿dache vergoña saudarme, Jose Pepe?......¡¡si ao final vai resultar que eres tímido e todo!!)
      Tamén chamoume moito a atención a parte onde dis “ha puesto su ojo purulento en mi persona por declararme de derechas, católico y sentimental”; isto merece unha profunda reflexión, querido Jose Pepe; para empezar eu non che ataco por ser católico, ¡nin moito menos!,  basicamente porque católicos e creientes son moitas persoas as que aprecio e quero, empezando pola miña santa nai;  eu teño discutido con moita xente por temas de relixión, porque, aínda que eu  non son crente os temas de teoloxía atráenme poderosamente; eu critiqueiche (e aí esta a
hemeroteca de A TI MEU CAMBADOS para comprobalo) polo feito de que, para defender a revisión da lei do aborto de Gallardon, unha lei xurídica dentro dun estado aconfesional, fales de alma, de Herodes e demais parvadas pseudorelixiosas que nada teñen que ver co noso ordenamento xurídico; un ordenamento xurídico que se rexe por leis emanadas das Cortes e que son de obrigado cumplimento por parte non soamente de crentes senón tamén dos ateos  Mesturar relixión i Estado é algo mais propio dos países musulmáns, igual o que pasa é que te estas volvendo un pouco moro, Jose Pepe; un dia sorpréndenos a todos, deixas a túa muller (unha gran señora, por certo, ante a cal póñome  aos seus pes) e vémoste rodeado dun harén de rapazas, bailando a danza do ventre...¡pagaría por verte!
       En canto ao que dis, tamén,  de que,  che ataco por ser de dereitas é outra falacia sen fundamento, basicamente, porque ti  non  eres de dereitas (dubido moito que ti mesmo saibas o que eres realmente)  ti soamente eres un “cambia chaquetas”, un comenencia que se arrima ao sol que mais lle quenta ou ¿acaso fai falta refrescarche a memoria e
lembrar  ala por finais dos anos setenta, recen estreada a nosa democracia, nas primeiras campañas electorais, onde repartías propaganda do PSOE  e nos mitins de dito partido, ocupabas a primerisima fila xunto, entre outros, o Botana por  poñer un exemplo. Eres un pobre “papanatas”,  Jose Pepe;  eu , en absoluto, che ataco por ser, ou mais ben, por intentar aparentar ser de dereitas; coñezo moita xente, coa que me relaciono, por certo, e que sei a ciencia certa que son e votan á dereita e para min son todos uns señores  e teñen todo o meu respecto, eu critico os teus artigos porque, como xa lle dixen, nunha ocasión,  a unha rapaza que nas redes sociais identificouse como a túa neta, que non teño a menor dúbida de que eres un gran esposo, excelente pai e o mellor abo do mundo pero como articulista eres un talibán, un pobre “pelota” do PP, e iso é, repítoche unha vez mais, o que eu critico dos teus  artigos. 
      Finalmente, e por pechar esta parte, tampouco nunca te ataquei por ser un sentimental, basicamente, porque eu son tan sentimental coma ti; eu tamén emociónome e saco o
meu lado mais tenro ante a figura feminina que asemella ter unha botella de albariño  e direiche  mais, algún dos teus artigos debo confesar que me tocaron a “fibra sensible” e ata me emocionaron (non me caen os aneles por confesalo)  por exemplo aquel no que falabas do paseo da Calzada e das parellas  de namorados que se declaraban o seu amor ¡¡que bonito Jose Pepe!! ¡¡saltábanseme as bagoas!! O único que botei en falta en dito artigo é que non falases dun puticlub que había por aquel entonces na esquina da Calzada (mais ou menos onde estivo mais tarde o café Avenida) e a anécdota que lle aconteceu a un funcionario municipal do que che falei en algunha ocasión; o mesmo que deixaba o seu posto de traballo e se ia   de viños a unha da tarde e volvía preto das tres  da tarde, volvendo pola tarde  para recuperar as horas perdidas e acababa durmindo “a mona” na cadeira; pois como che viña dicindo, meu querido paisano, botei en falta que no teu artigo sobre a Calzada non contases a anécdota de dito funcionario que un dia botárono de dito puticlub, totalmente “mamado” i en calzóns..... ¿que cres ti, Jose Pepe,  que pensarían as parellas de namorados que nese momento se atopaban na Calzada?  
      
      En outro orden de cousas, tamén quería comentar as afirmacións nas que dis: “desde un blog del que no es titular, pretende torturarme insultándome, ultrajándome y vituperándome sin piedad” (...) “Y bien, ¿es que no me asiste el derecho de decir todo lo anterior en tanto que a
otros ciudadanos si les asiste tal derecho?.” ...... vaiamos por parte i empezando polo principio: en canto ao que expresas do blog que non son titular, o mesmiño poderiamos dicir de ti como colaborador de  Diario de Arousa, a min simplemente “A ti meu Cambados” i o seu administrador ( e sobre todo amigo) Chon permítenme (e utilizando as tuas mesmas verbas) “exponer la opinión que me merecen diversos aspectos de la vida, de la sociedad, la política y mi Cambados del alma, cunha pequena diferenza: que eu concordo nun 99 % co que se publica no blog e a coa sua liña editorial e de pensamento ¿podes dicir ti o mesmo, Jose Pepe, coas opinións de outros colaboradores de Diario de Arousa, empezando, por exemplo con Domingo Tabuyo? quen, por certo bárreche nos seus artigos en canto a sensatez e coherencia? .
      En canto ao que dis de que che insulto, permíteme aclararte que non é un insulto senón unha adxetivo: de toda a vida á persoa que fala dende a ignorancia denomínaselle   “ignorante” e o teu artigo sobre a enerxia nuclear é unha boa
mostra de tal ignorancia: definir a mesma como “barata, limpa e segura” amosa as claras que na maioría dos casos non  soamente non tes “puñetera”  idea do que escribes senon que ademais ( e iso é o grave porque demostras unha falta de respecto aos teus lectores) nin te molestas en documentarte minimamente. 
      Evidentemente estas no teu dereito de exercer a túa liberdade de expresión, faltaría mais, pero eu tamén estou no meu dereito ( é iso é o que fago) en criticar o que ti escribes, como outros me teñen criticado a min, cousa que agradezo, todo sexa dito e si te sentes “ultrajado” como dis, sempre   che queda a posibilidade de acudir ao xulgado, eu estarei encantado de explicarlle a súa señoría todo o que ti me inspiras, querido Jose Pepe. 
      Mentiríache si te dixese que non me fixo ilusión que me dedicases un artigo, algo ata certo punto lóxico pois son o teu lector numero un e isto non é unha esaxeración: un dos momentos mais esperados da semana para min é ler o teu artigo; as madrugadas dos venres, entorno as catro da maña, cando a edición en papel de Diario de Arousa aínda non chegou aos quioscos, e a versión dixital acabase de colgar en internet, ai me tes ansioso lendo o teu ultimo desvarío; son como aquel soldado que está no fronte i espera ansioso carta da súa noiva, perdoa que por momentos non poda evitar imaxinarte cunha longa melena rubia, ancho de cadeiras e “armado” cun bo par de peitos. 
      Soamente queda despedirme non si antes asegurarche que  este “forúnculo”  ten corda para moito tempo e seguira lembrándote que está ai para seguir producíndote escozor cando menos o esperes. 
      
 
    UN SAUDO MEU QUERIDO VECIÑO
      
      RICARDO DOMINGUEZ REY 
   
     



   

Ningún comentario: