7 de xul. de 2014

CHARLA DA HISTORIA DA CNT EN VILAGARCIA

A CARGO DE SUSO GARCIA, MILITANTE DA CNT DE BETANZOS.
O 12 de xullo AS 18 horas celebrarase na sede da CNT en Vilagarcía (edificio sindicatos, Alexandre Bóveda 2, 3º) ás 18:00 unha
conferencia sobre a historia da CNT en Galiza a cal tratará dende os principais antecedentes do anarcosindicalismo ca primeira Internacional e que chegará ata os nosos días. 
O ponente da conferencia será o compañeiro Suso García, militante da CNT en Betanzos, que ten un amplio coñecemento da historia e traxectoria da central anarcosindical na rexión de Galiza.
Despois da conferencia terá lugar un coloquio entre os asistentes e o ponente no que, dunha maneira informal e distendida, poderase debatir e falar sobre calquera dúvida do exposto.

Ningún comentario: