30 de xul. de 2014

NOVO ESCÁNDALO NO CONCELLO DE CAMBADOS

O ALCALDE LUÍS ARAGUNDE AUTORIZA TODAS AS BARRAS,  PESE O INFORME NEGATIVO DE TODAS ELAS DA POLICÍA LOCAL,  POR INFRINXIR AS ORDENANZAS APROBADAS POLO PROPIO ALCALDE.
O escándalo está servido, novamente no Concello de Cambados, o ser inerte, inútil e baleiro que temos como
Alcalde no Concello de Cambados vai levar a cabo si o raciocinio no impide outra das súas cacicadas  a que xa nos ten acostumados. 
Fontes da Policía local de Cambados informaron a este blog que todas os
locais de hostalería de Cambados que solicitaron a explotación de barra exterior durante a festa do albariño, foron informadas negativamente pola Policía Local de Cambados, xa que todas elas incumprían as ordenanzas municipais ao respecto, concretamente o seu articulo 4. 
Pese a elo,  o aliniexena que temos como Alcalde,  ditou un
bando que publicamos neste blog precisamente onte onde saltándose a toureira todos os informes negativos da policía local autoriza a colocación das barras previas unha serie de condicións pese a estar todas elas fora da Lei segundo nos informaron fontes da Policía Local de Cambados, isto senón é prevaricación é moi parecido.
As mesmas fontes indicaron a este blog, que si xurdira algún incidente con algunha das barras o responsable directo do acto seria o Alcalde de Cambados e nunca a Policía Local que repetimos informou negativamente  da colocación de todas elas.
Esta decisión do Alcalde de Cambados, non deixa de ser
unha acto vingativo máis de Luís Aragunde contra a Policía Local de Cambados, que cumprindo o seu deber e as leis municipais aprobadas en pleno polo propio Luís Aragunde, teñen que sufrir desaires, manías e abandono por parte do rexedor cambadés. O que diciamos,  Franco ao lado del un lixo.
Lembremos que fai dous anos un grave incidente no que tivo intervir a Garda Civil de Cambados foi a consecuencia dunha destas barras instaladas na vía pública, concretamente, con resultado de graves danos e pelexas entre  mozos.

1 comentario:

Unknown dixo...

Como si algunha vez as terrazas cumplirán as ordenanzas municipais