FOI NECESARIO UNHA “FOLGA A XAPONESA” E SINATURAS DE VECIÑOS PARA QUE ARAGUNDE SE PUXERA AS PILAS NO TEMA DOS APARCAMENTOS
Foi necesaria unha "folga a Xaponesa" da Policía local de Cambados e que varios veciños presentaran sinaturas polo
tema dos calamitosos aparcamentos existentes en Cambados, para que Aragunde se dera conta da súa ineptitude.
| O coche do alcalde non ten problemas de aparcamento. |
Como xa dixemos neste blog, e confirmado tanto por fontes da Policía
Local como de xente do concello, a Policía Local fixo unha folga a xaponesa porque non lle queren consolidar parte das horas extras no soldo como Aragunde quere facer cos seus enchufados asesores persoais e algún que outro empregado “chupador”. Claro que negan
que están en folga a xaponesa a Policía local, seria ridículo que o confirmaran publicamente, como tamén seria escandaloso que Luís Aragunde recoñece publicamente, como de feito así é, que estivera "presionado" pola Policía Local, a veces algúns medios ou están parvos ou están na inopia.

Resulta que agora o inepto que temos de Alcalde , segundo varios medios de prensa, vai habilitar novos aparcamentos e chegou a dicir xoias coma esta: "vistos os últimos acontecementos, hai que optimizar as prazas e que haxa movemento de coches" di tamén o ínclito
do noso alcalde que vai habilitar unha zona azul gratuíta (esperamos que aquí non nos minta tamén como nos ten acostumados e logo haxa que pagar). Tamén dixo o noso alcalde que vai reunir nos vindeiros dias cos veciños da rúa Borrón, iso si sen concretar data e remata cunha frase de traca "Imos intentar facilitar todo o que podamos a
situación aos veciños". Luís debe pensar que os veciños de Cambados somos parvos, pero canto tempo leva este individuo de Alcalde, un día unha semana, un mes…pero si coño (perdoade a expresión) leva sete anos no cargo e en materia de tráfico a nosa vila é un verdadeiro desastre e non o dicimos nos, dinos moitos veciños e moitos comerciantes que a veces se ven obrigados a pechar negocios pola incompetencia do noso Alcalde. Claro el como ten reserva aparcamento a porta do concello que mais lle da o que lle pase o resto dos humanos.

COMENTARIO DE FACEBOOK
K. V. Como comerciante vexome nesta situacion que decribides e nos proximos dias non me quedara mais remedio que apoquinar 100 euros ca reduccion do 50% por parar 2 minutos a baixar unhas caixas na miña tenda. Esto sobrepasa o limite pero tanto niso como en todo porque traballo non teran pero o dia seguinte a San Benito fefiñans daba NOXO con todas estas xoias que o axuntamento se permite vexo a cambados na miseria en moi pouco tempo!

Ningún comentario:
Publicar un comentario