30 de xul. de 2014

POR PRIMEIRA VEZ NA HISTORIA O CARTEL DA FESTA DO ALBARIÑO NON LEVA A PALABRA “CAMBADOS”

COMO ANÉCDOTA DICIR QUE O CARTEL REPETIUSE DOUS ANOS , NO 1963 E 1964
Hoxe empeza o evento  mais importante de Cambados, e xa van con esta LXII
edicións desta espectacular e marabillosa festa, pese aos nosos gobernantes. Cada ano tivo o seu respectivo cartel, o concello de Cambados sen embargo non ten nos seus arquivos, as edicións dos carteís dos anos 1953, 1954,1955, 1956, 1957, 1960, 1961,1962,1965 e 1966. En todos os carteis que coñecemos e que podes ver premendo AQUÍ, en todos levaba a palabra  “CAMBADOS”, o nome do noso pobo,  menos o cartel deste ano que non sabemos se porque se esqueceu ou intencionadamente non está.

Tamén temos que comentar como anécdota que en todos estes anos o cartel repítese en dúas ocasións e foi nos anos 1963 e 1964, concretamente XI e XII edicións con mínimas variacións, pero o deste ano é de destacar, imos quedar coa curiosidade de se foi un esquecemento ou foi intencionadamente, como sempre o Alcalde ten a resposta, pero a cousa non deixa de ser curiosa.


Ningún comentario: