26 de xul. de 2014

SEGUNDA ACTUACIÓN IMPORTASNTISIMA DE FATIMA ABAL COMO CANDIDATA

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS ESTARÁN ESTA FIN DE SEMANA NO CONGRESO FEDERAL EXTRAORDINARIO DO PSOE.
A Agrupación Socialista de Cambados contará con dous representantes esta fin de semana en Madrid. Fátima Abal
será delegada pola provincia de Pontevedra, xa que figuraba de suplente e por diversas circunstancias varios compañeiros non podían acudir.
Por outra parte Ismael Agra tamén estará en Madrid no Congreso que ratifique a Pedro Sánchez convidado por Juventudes Socialistas.
Que unha Agrupación como Cambados conte con dous compañeiros neste Congreso histórico mostra que o socialismo cambadés está forte e ocupa un espazo relevante no socialismo galego.
Fortaleza para afrontar este compromiso orgánico, pero sobre todo fortaleza para afrontar o compromiso importante, o que teñen cos cambadeses. Fátima Abal comeza aquí a sua carreira á Alcaldía de Cambados.


Ningún comentario: