SOLICITAN QUE O CONCELLO SE FAGA CARGO DA XESTIÓN, PERO ¡¡¡OLLO EMPREGADOS DA PISCINA!!!, "NON SE FIAR UN PELO DE ARAGUNDE".
Realmente este si é un furúnculo de enormes dimensións no cu de Luís Aragunde. A problema da piscina , entre outros moitos estalle a ocasionar a Luís Aragunde un
desgaste político de grandes dimensións, pese a estar sendo apoiado pola prensa do réxime, "influenciados" pola xefe de prensa do concello.
desgaste político de grandes dimensións, pese a estar sendo apoiado pola prensa do réxime, "influenciados" pola xefe de prensa do concello.
Pero os traballadores da piscina están moi cansos e xa teñen programado un calendario de mobilizacións. Pensou algún día Luís Aragunde de que comen estes 17 traballadores que levan dous meses sen cobrar, mentres el enche o seu "buche" todos os días, pensou Luís Aragunde que cada traballador ten unha familia que manter,
parece ser que non. Os traballadores véñenlle de pedir ao incompetente alcalde que temos en Cambados que asuma xa, pero xa, a xestión da piscina. Pero ¡Coidado! Traballadores da piscina esta é unha arma de dobre fio pois Luís pode botarvos a todos ao paro e poñer enchufados , hai que ter moito coidado con isto.

OS TRABALLADORES DESCONFÍAN DE TODO O MUNDO E FAN BEN.
“Tal e como está non vai vir ningunha empresa” dicía unha das traballadoras, se o alcalde como ten pensado a vindeira concesionaria vaille pagar a metade do combustible a xestión da piscina por unha empresa privada non é viable, segundo os traballadores. Os traballadores teñen como prioridade que o concello ten que “rescatar o servizo e facerse cargo del”. Unha das traballadoras lembraba que hai en xogo 17 postos de traballo, ocupados por mozos da localidade e comarca, que dan servizo a entre 300 e 400
veciños da zona. Tamén din os traballadores que se “Pazos” segue co servizo , "probablemente sigamos sumando nóminas impadas durante todo o verán e parte do outono". Noelia unha das traballadores denunciaba o mal estado da piscina e así dicía “"As instalacións da piscina están moi mal. Perden moito calor pola cúpula e o vaso da piscina leva tempo sen ser limpado”. Os usuarios están moi contentos cos traballadores , é mais, algúns deles incluso están axudando a recoller sinaturas aos propios traballadores e fomos testemuñas delo.

Mentres o inútil que temos como alcalde limitase a dicir “"Seguimos adiante co proceso de rescisión de contrato e descartamos a pechadura das instalacións, pois é un servizo moi demandado". Os traballadores din que a rescisión non é a solución a solución ven porque o concello asuma a xestión da piscina, estades vendo todos os cambadeses que privatizar é a peor das solucións e xera esta clase de problemas.
FOTOS: GOOGLE IMAXES.

Ningún comentario:
Publicar un comentario