5 de xul. de 2014

VECIÑOS DE CAMBADOS, NON LLE TER MEDO AO ALCALDE QUE NON COME A XENTE E MENOS “CRUDA”.

VECIÑOS DA RÚA BORRÓN ÁRMANSE EN PE DE GUERRA E RECOLLEN SINATURAS PARA QUE ARAGUNDE MODIFIQUE  A CIRCULACIÓN NAS RÚAS.
Se hai algún colectivo digno de encomio hoxe en día en Cambados é a Policía Local de da nosa vila, que lle está a
botar un pulso firme ao Alcalde "pertrechado" na cadeira da autoridade e da forza. A policía Local so está a cumprir con seu deber e os cambadeses con quen realmente debemos estar anoxados e coa personaxe que temos de Alcalde. Neste pobo hai un medo atroz ao que que nos pode facer Luís Aragunde, ninguén protesta e todos están a ser prexudicados, cidadáns, comerciantes, negocios etc.. Hai que “erguer a testa e protestar” como
hoxe mesmo uns veciños da Rúa Borrón están a recoller sinaturas para que Luís, faga algo por Cambados e déixese de flores, homenaxeas e parvadas varias,  e se poña a traballar no seu pobo e tal como moi ben aconsella a Policía Local da nosa vila o que ten que facer o inepto do noso Alcalde e en rúas coma Borrón , unha parte de beirarrúa adicala a aparcamento, a zona central para circulación e outra beirarrúa para paso de peóns, e demais son contos chinos. Así que veciños de Cambados non lle ter medo ao Alcalde de Cambados que non come a xente e menos “cruda”. 
¡¡¡ERGUE A TESTA E PROTESTA E DESPOIS MATA AO LOBO”.(Celso Emilio Ferreiro)
REBELARSE CONTRA AS INXUSTIZA E MOI SAN.

Ningún comentario: