6 de ago. de 2014

O PROGRAMA DA TVE1 “COMANDO ACTUALIDAD” RESUCITA POR UN DÍA A "UNHA GRANDE CHEA"

O DIA DOCE DE AGOSTO EMÍTESE O PROGRAMA DO ALBARIÑO DE CAMBADOS
O venres do Albariño Domin recibe unha chamada dunha tal Silvia que lle pregunta si a peña a
que pertence (Unha Grande Chea) podía facer unha reportaxe para o seu programa de “Comando Actualidad” e Domin despois de dicirlle que aínda que seguiamos poñendo os chalecos a peña xa non existía como tal, dille que é igual .
Efectivamente o día seguinte (sábado do Albariño) a unha da tarde a tal Silvia que ven a ser Silvia Sanchez, unha das reporteiras de “Comando Actualidad” queda con nos diante do Concello e cóntanos que quere que fagamos como si foramos os anfitrións da festa do Albariño e lle vaimos explicando o que
é esencia da festa, os postos, os bares, os adegueiros, as personaxes o marisco e sobre todo nada de politiqueo que iso xa o gravaban eles o domingo. E así fixemos  fomos os postos alí estamos no stand de “La Capitana”, “Ouso da Torre” e “Vento
Mareiro” tamén estivemos con Laureano o de “Laureator” quen lle explicou tamén o proceso das ostras pois nese intre estaba a xantar nelas a veira do seu stand. Logo fomos a praza das Rodas en Fefiñans, xantamos polbo, e logo levamos as cámaras “A de Lupe”. Xa o día seguinte  a reporteira e o seu cámara
gravaron o que é xa o acto político en si da festa o nomeamento de Cabaleiros. Estivemos gravando sobre 3 horas aproximadamente pero nos imaxinamos que sairán sobre cinco minutos mais ou menos, pero coidamos que moi intensos.
“Comando Actualidad” é un programa de TVE que cada semana amosa un tema de actualidade, a través das miradas de varios reporteiros que anda pola rúa, os cales compleméntanse para amosar un tema de actualidade, neste caso a festa do Albariño. 
Temos que dicir que os poucos que quedamos usando o chaleco fíxenos moita ilusión resucitar
por un dia a esta peña que o foi todo no Entroido e unha grande animadora do Albariño,  non en vano fomos a primeira peña en saír como tal e fomos os inventores do vaso co cordel. Grazas a “Comando Actualidad “ por esta oportunidade da ter ocasión de lembrar vellos tempos. 
O programa vaise emitir o dia doce de Agosto as 22.30 horas, así que o que o queirades ver xa  sabedes.
A PRENSA DO REXIME CENSURA OS CHALECOS
Levamos vinte e pico anos cos chalecos, e todos os anos na inauguración a prensa sempre
nos buscaba para salir na foto da festa, era como seña de identidade do Albariño, este ano os fotógrafos da prensa do rexime fuxian dos chalecos, cando vian un escapaban, non sei quen lle deu este orde tan rastreira, pero van levar ración dobre pois, este ano non sairemos na prensa do réxime para imos estar en todos fogares de todo estado español. Vai por vos este programa,  "Prensa do réxime". 

Ningún comentario: