14 de ago. de 2014

“PODEMOS CAMBADOS” DESMINTE QUE ELES ESTEAN DETRÁS DAS DENUNCIAS CONTRA O ALCALDE E A POLICIA LOCAL

CREN QUE ALGUEN ESTÁ SUPLANTANDO A ESTA INCIPIENTE FORMACIÓN POLITICA EN CAMBADOS.
A formación “Podemos Cambados” atópase moi anoxada, pois alguén, segundo eles está a suplantar a súa
personalidade presentando denuncias no seu nome que eles , nun comunicado publicado no seu facebook desmintan  de xeito inequívoco,  aquí vos deixamos a nota completa de “Podemos Cambados”: 
“Boas tardes, son do circulo de Podemos Cambados. Esta mañá os xornais
apareceron cunha noticia na que dicían que noso circulo denunciaba á policía local do noso pobo. Non se falou en ningunha asemblea sobre a policía local e ningún dos integrantes do circulo interpuxo pola súa conta ningunha denuncia. Quero facer eco desta noticia para que se saiba que hai xente que esta suplantando a círculos na prensa, co que non seria mala idea que lles fosen pasando
aos distintos medios as súas canles de comunicación oficiais. 
Ao seguir indagando sobre esta noticia decatámonos de que a mesma acode habíanos suplantado con anterioridad na prensa por outra denuncia para intentar que quitasen as barras exteriores dos locais hosteleiros nas festas grandes do pobo.
Xa nos puxemos en contacto coa Policía Local para aclarar todo o sucedido os cales mostráronse moi amables e mostráronnos o seu apoio.
Aclarado queda, agora só falta saber quen é a persoa que presenta as denuncias e si realmente no xulgado consta Podemos, ou as fai a titulo persoal.

Ningún comentario: