6 de ago. de 2014

PROTESTA PACÍFICA

UNHA EXEMPLAR MISIVA DE MARIA TERESA ARENAZ NÚÑEZ AO ALCALDE DE CAMBADOS E MEDIOS DE COMUNICACIÓN
Son María Teresa Arenaz Núñez, unha usuaria da piscina municipal e sin pertenencia a ningunha organización política
ou sindical e quero manifestar a miña discrepancia cas declaracións do alcalde de Cambados, con motivo da protesta pacífica que traballadores e usuarios da piscina levamos a cabo o día 30 de xullo, coincidente coa
inauguración da Festa do Albariño 2014.
Quero puntualizar que non nos convocou ningún Partido nin Sindicato, acudimos de "motu" propio as usuarias e usuarios para reclamar os nosos dereitos a utilizar unha piscina que se pagou e se paga cos
nosos impostos.
Os traballadores que acudiron fixérono para reclamar os tres meses de salarios que se lles adeuda.
En ningún momento foi a nosa intención boicotear a Festa do albariño,
tan só pretendíamos chamar a atención do goberno municipal sobre un problema que afecta a traballadores e traballadoreas e a más de 400 usuarios que necesitamos, por motivos de saúde e por manternos en forma, que esta piscina continúe funcionando. Queríamos reclamar ó
Concello que asuma a súa responsabilidade neste tema como lle corresponde.
Quero tamén mostrar o meu rechazo ás informacións sesgadas de certos medios de comunicación que distorsionan a realidade e fan de portavoces do Alcalde mentras menosprezan á cidadanía que libremente se manifestaba pacíficamente reclamando o dereito ao uso da piscina municipal.
CARTA PUBLICADA POR MARIA TERESA ARENZ NUÑEZ NO FARO DE VIGO.



NOTA DO ADMINISTRADOR:
Non sei se vas a ler isto Maria Teresa, pero a miña mais grande admiración pola túa persoa, pola tua valentía, pola tua verdade , pola tua sinceridade, que sepas que emocioneime o ler a tua carta e que a gusto me quedo sabendo que non son único que digo que certos medios (como eu lle chamo os medios do rexime) non din toda a verdade, a min xa non me fala ningún(a) “periodista” de Cambados, pero dame igual ala ele(a)s,  eu teño a conciencia tranquila, eles non sei, ó unico que sei é que o meu blog grazas a xente coma ti tivo 40.000 visitas o mes pasado,  e sen subvencións do concelllo de Cambados, nin da xunta de Feijoo nin facerlle a pelota o alcalde. Que doado é falar ben dun alcalde mentireiro e que dificil é neste pobo criticalo.  Reitero a miña admiración e o meu respeto a tua figura, moitos cambadeses tiñamos que aprender de ti, unha aperta de Chon.

Ningún comentario: