22 de set. de 2014

A WEB DO CONCELLO DE VILANOVA SÓ EN CASTELÁN.NON SE PODE DESPREZAR AO GALEGO DESE XEITO.

A MESA: "OU GONZALO DURÁN PENSA QUE O GALEGO DESAPARECEU OU PENSA EN FACELO DESAPARECER"
"Ou Gonzalo Durán pensa que o galego desapareceu de Vilanova de Arousa ou pensa en facelo desaparecer". A
afirmación realízaa o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, para denunciar que o Concello de Vilanova de Arousa non respecta a oficialidade do galego e exclúe esta lingua da páxina web
municipal. 
A Mesa realiza esta denuncia despois de recibir queixas a través da 'Liña do Galego' de veciños que sinalaba que a páxina web do Concello exclúe completamente o uso do galego na maior parte das súas
seccións e contidos, ofrecendo a maior parte da información unicamente en castelán. De feito, na páxina principal só aparecen dous enlaces en galego e todo o contido está en castelán.
Con este proceder, segundo A Mesa, o Concello incumpre a lexislación sobre o uso do galego como lingua propia
das Administracións locais vulnerando os dereitos lingüísticos da veciñanza. Marcos Maceira destacou que este tipo de exclusións non son casuais nin se deben a descoidos, senón que responden a unha política lingüística activa en contra do galego.
Logo de constatar esta situación, A Mesa envioulle escritos ao alcalde, Gonzalo Durán e ao
Valedor do Pobo para solicitar que o Concello corrixa esta situación e pesquise sobre o grao de incumprimento do artigo 7 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, e o resto de ordenamento legal vixente en
materia de normalización lingüística por parte do Concello de Vilanova de Arousa na súa relación coa veciñanza. 
A exclusión do galego por parte do Concello vulnera claramente a lexislación sobre a oficialidade da nosa lingua e o uso do galego como lingua propia das
administracións locais, entre elas, o Estatuto de Autonomía de Galicia, que dispón que os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciaran o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa. Tamén a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística e a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia.
NOVA RECOLLIDA DE PONTEVEDRA VIVA


Ningún comentario: