´O NOSO ÚNICO RIVAL POLÍTICO É O PP E A DEREITA´
Xuventudes Socialistas de Cambados cumpriu onte tres anos. Ismael Agra Soto, nacido en Vilariño fai 19, dirixe a formación política xuvenil desde os seus comezos. Na actualidade estuda Dereito e Ciencias Políticas na Universidade Complutense de Madrid, e tamén é secretario de Formación de Xuventudes Socialistas de Galicia.
-Fai anos os mozos tiñan un gran desapego cara á política. Superouse esa etapa?
-A mocidade tiña un certo resáquemo cara aos políticos
e a política, pero deuse conta de que nos momentos de crises é cando máis importante é a política para cambiar as cousas.
e a política, pero deuse conta de que nos momentos de crises é cando máis importante é a política para cambiar as cousas.
-Podemos está demostrando un enorme poder de atracción cara aos mozos. A que se debe?
-Podemos ten un discurso no que di o que a cidadanía quere escoitar, e así é máis fácil chegar aos cidadáns. O seu discurso roza o populismo.
-Que é para vostede Podemos, un rival político ou un aliado?
-Para min o único rival político é o PP e a dereita. Na esquerda non vexo rivais políticos porque estamos para
sumar e loitar xuntos contra as políticas que fan dano aos cidadáns. Aínda que por agora non sei si toda a xente de Podemos considérase de esquerdas. En calquera caso, o noso partido ten 135 anos de historia e o noso obxectivo é deseñar un proxecto político sólido que sexa unha alternativa ao que está facendo o PP.

-XX SS Cambados cumpriu onte tres anos. Que é o que máis lle satisfizo deste período?
-En primeiro lugar que os mozos cambadeses saben que
poden contar connosco para trasladar unha queixa ou unha suxestión e que se debatan no Concello. A través de Facebook e de Twitter recibimos cada semana moitas propostas distintas. Tamén estou moi satisfeito das campañas solidarias en favor de Cáritas ou de Esperanza Salnés que fixemos. Nestes tres anos estivemos moi activos, tamén a nivel político.

-Aludía antes ás redes sociais, que foron tamén o trampolín dos "círculos" de Podemos. Tan importante é internet na política de hoxe?
-En pleno 2014 as redes sociais xogan un papel fundamental. Desde que nos constituímos duplicamos o número de asociados (na actualidade son unha quincena) e nalgúns casos foi grazas ás redes sociais.
-Cales son as principais calidades de Fátima Abal para aspirar á Alcaldía de Cambados?
-Fátima Abal representa a renovación porque só leva dous anos en política. E representa tamén a unha nova xeración de persoas comprometidas. Ademais, ten a
capacidade e a formación suficientes para gobernar e acompáñaa un equipo de xente preparada e con moita ilusión.
capacidade e a formación suficientes para gobernar e acompáñaa un equipo de xente preparada e con moita ilusión.
-E onde está a clave para derrotar ao PP?
-En mostrar á cidadanía o que está pasando en Cambados. Por iso Fátima Abal presentou o escrito en Fiscalía denunciando as prácticas do PP no referente ás retribucións do persoal durante os últimos 10 anos. Tamén temos que ser capaces de transmitir aos
cidadáns que existe unha alternativa a 28 anos de goberno do PP, outro xeito de traballar.
cidadáns que existe unha alternativa a 28 anos de goberno do PP, outro xeito de traballar.
-Que é o que máis preocupa aos mozos en Cambados?
-Sobre todo o paro, como aos de calquera outra parte. É unha barbaridade que nun país como España haxa un 52 por cento de paro xuvenil e que se condene ao exilio á xeración máis preparada da súa historia. Pero tamén están preocupados polos seus dereitos e liberdades, como vimos na campaña que fixemos en contra da modificación da lei do aborto.
ENTREVISTA RECOLLIDA EN FARO DE VIGO
Ningún comentario:
Publicar un comentario