20 de set. de 2014

GRAZAS TOURÍS POLA TÚA INCOMPETENCIA , E POR ESTAR EN POLÍTICA SÓ POLOS CARTOS

Grazas , sobre todo a estes tres
elementos, Cambados non é a capital
do Albariño.
ONTE, NUN PROGRAMA DE RADIO DE CATRO HORAS, A NIVEL ESTATAL,  SOBRE O ALBARIÑO, NON SE CITOU UNHA SOA VEZ A CAMBADOS.
Unha vez máis un programa de radio desprázase a Galicia para falar durante catros horas en directo do viño albariño... Pero como pasa sempre non veñen a Cambados, van á
Cabaleiros corruptos...
capital do albariño: Pontevedra... Onte un millón de persoas oíron o programa da Ser, "La Ventana". Nese tempo non se mencionou nin unha soa vez o nome de Cambados, só se falou de Pontevedra.
Haberá mais cabaleiros corruptos.
O programa realizouse na sede do Consello Regulador "Rías Baixas", o pazo de Mugartegui... Todos os cambadeses sabemos porque esa sede está en Pontevedra,  e non onde debería estar,  en Cambados. Non estaría de máis que alguén calculara o custe económico que iso suporía para Cambados, así como
Grazas, precisamente aos que están
na foto, Cambados non é a
capital do Albariño.
para a proxección da súa imaxe.
Pero que mais lle da aos impresentables de Tourís e Aragunde , no único que pensan e en encher os seus petos, en facerse cada días mais ricos, o demais impórtalle un carallo.
Tourís como aquela famosa escena
Touris vendeu a capital do
Albariño por unha lexislatura
como senador.
bíblica na que Esaú vendeu a Jacob a súa primoxenitura por un prato de lentellas, neste caso o vaidoso do Caudillo de Oubiña vendeu a sede do Consello Regulador de Cambados por unha  lexislatura mais como senador e así cando se xubile ter acceso a unha suculenta xubilación, o demais son contos chinos.
O que incrible e que en Cambados aínda haxa óuvellas que non so pasten en pleno pobo,  senón que
tamén sigan a estes dous elementos como verdadeiros pusilánimes.
Pero non só teñen culpa estes dous e os cambadeses que os votan, o actual presidente de Consello Regulador, Juan Gil de Araujo e que tamén falou onte no programa de radio feito en Pontevedra entrevistado por Francino , pese a ter a súa
Juan Gil votou NON a Cambados
como capital do Albariño.
adega en Cambados , foi un dos que votou para que sede do Consello Regulador quedara en Pontevedra. Esta mesma personaxe atreveuse a dicir estes días que a vendima vai crear 5000 postos de traballo, este debe pensar que aínda estamos nos tempos feudais.. Así nos vai…












Ningún comentario: