16 de set. de 2014

“NON LLE RENOVAN NA PISCINA A UN EXCELENTE EMPREGADO”

“A PISCINA VAI POLO MAR ABAIXO”. UN ARTIGO DE MANUEL COSTA TRIGO.
Me gustaría poñer en coñecemento de todas persoas que están afectadas pola situación da Piscina Municipal e do Ximnasio a situación
real de un empregado que é o encargado de mantemento das instalacións. Todo mundo sabe o que está acontecendo
a nivel laboral no complexo deportivo, as protestas e as manifestacións acontecidas son a resposta a unha xestión catastrófica ante unhas instalacións deficientes, pero quero chamar a atención sobre o empregado
en cuestión pois no pouco tempo que leva traballando soubo gañarse o respecto dos que usamos as instalacións por ser unha persoa traballadora, responsable, atenta e implicada co seu traballo. Hoxe estiven falando con el e coñecín que deixaba o traballo, que non lle
renovaban, xa levaba dúas semanas de vacacións e a xente botábao de menos. Cando me dixo que “o director” non lle facía un novo contrato por mor de que aínda non estaba clara a situación do complexo e que o mellor a empresa
que collera as rendas das instalacións non lle interesaría os seus servizos, me din conta de que “o director” non ten "pajolera" idea da xente que ten as súas ordes. Non quero meterme no aspecto laboral, horas extras sen pagar, mentiras en fechas do contrato…., eu só quero romper unha lanza a favor de unha
persoa que soubo gañarse a estima de todos, e repito “todos”, os usuarios das instalacións, unha persoa coas ideas claras en canto a un bo mantemento, cunha boa disposición e un bo saber, con un trato respectuoso cas persoas,
en fin, unha boa persoa que da noite pa mañá e cunha escusa peregrina vese na rúa porque  “un director” cree que é o mais idóneo para unha empresa que está cometendo "impagos" e faltando as súas responsabilidades.
 Como usuario estiven esperando hasta que o encargado de mantemento viñera das vacacións para corrixir as deficiencias existentes dia si
e dia tamén. Hoxe me tiven coñecemento que “o director” non puxo nin 1€ dende fai mais de dous meses para a compra de material de mantemento. O ximnasio leva ese tempo sen unha “elíptica”( ten dúas),
os aparellos que indican as constantes no desenrolo de un exercicio non funcionan pois non hai cartos para “pilas”, teñen que ser os usuarios os que se queixen da falta de limpeza das instalacións, co letreiro “fora de servizo” arranxan os problemas, o "jacuzzi" sen dous motores, a limpeza da piscina foi feita cas horas extras do encargado de mantemento e algún voluntario perante unha semana, algunhas duchas "presauna" con letreiros de “fora de servizo”, as bicicletas hai que andar a escoller a que está
menos tocada….isto chámase IR POLO MAR ABAIXO.
Moita xente xa deixou as instalacións por falta de hixiene e polo cariz que están a tomar as cousas, ¿ saberá Sanidade que non hai a día de hoxe un responsable de mantemento? Ten que facer de tripas corazón un socorrista para intentar mitigar as deficiencias, pero traballar nun sitio en onde non che pagan e non te consideren chega un momento que perdes a compostura. Todo mundo sabe a quen me refiro, de tódolos xeitos quero dicir que os traballadores do Complexo son moi cumpridores e educados, e outros na súa situación xa tiñan mandado a fritir "puñetas" a empresa.
Só un consello para os responsables hipotéticos que collan o relevo de “Pazos”, se queredes un bo director non collades a quen  non sabe manter un Complexo en condicións,  pensade que, a maiores de un negocio, unhas instalacións deportivas nun pobo son sinónimo de cultura, benestar e desenrolo.
Os meus mellores desexos para tod@s os traballadores da Piscina e Ximnasio Municipais, en especial para Carlos para que poida seguir traballando en condicións e leve un cacho de pan a súa casa.
UN ARTIGO DE MANUEL COSTA TRIGO.
USUARIO DAS INSTALACIÓNS DA PISICINA.

Ningún comentario: